Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
sábado, 24 de decembro de 2011
Castelão, voz real, desde Uruguay (subtítulos en galego tirando a portugués)
Este pequeno discurso na voz de Castelao pronunciouse en Montevideo para presentar a obra Os vellos non deben de namorarse, cando se representou por primeira vez. A obriña fora concebida en Galiza nos anos da República e rematou de configurarse no exilio. Un pracer dar coa voz do autor.
O Uruguai e máis nós in Tirarrollas
Plantamos un ceibo in Tirarrollas
martes, 20 de decembro de 2011
luns, 12 de decembro de 2011
venres, 2 de decembro de 2011
martes, 22 de novembro de 2011
Rap contra a violencia de xénero
A bela e a besta in Tirarrollas, esta canción remasteriza o contiño da bela e a besta. Os de 4º do curso pasado fixeron versións de contos populares. Neste enlace podedes lelos e ver outro vídeo de Porta interpretando o tema.
mércores, 16 de novembro de 2011
Huecco y Hana- Remataron as bágoas
O vindeiro 25 de novembro, os de 3º da ESO imos participar nun evento na cidade de Vigo que pretende sementar conciencia sobre a violencia de xénero. Tentaremos con alumnado dos institutos da cidade facer unha gran cadea humana que chame a atención da xente sobre as múltiples e sofisticadas formas que pode chegar a adquirir a violencia síquica e física sobre a muller na sociedade sexista que herdamos do pasado.
Só hai que pensar nas letras dalgunhas cancións que escoitamos habitualmente nos medios de comunicación para darnos conta de como viaxan estas mensaxes encubertas de anulación da persoa a favor dunha idea bastante retorcida do amor. Estamos seguros de que nos debates previos ao evento sairán múltiples manifestacións da violencia por razón de sexo. En canto vaiamos xuntando conclusións irémolas verquendo como poidamos. Temos apenas dúas semanas, hai que aproveitalas!
mércores, 2 de novembro de 2011
martes, 18 de outubro de 2011
as linguas de españa
LÉXICO DE SUSTRATO
VOCABULARIO PREINDOEUROPEO: Gabanceira, mata, queiroga (var. quiroga, queiruga, queiroa), carrasca, carqueixa, carroucha, coto, sobaco, morango (var morodo, amorodo, merodo, morogo, amorote, morote), touza, morea, petouto, barro, lastra, cádavo, esquerdo, cama, balsa, sarrio, veiga.
VOCABULARIO INDOEUROPEO: pala 'cova', cabana, cabaz, cabazo, cabaceira, páramo (PRECELTA) carro, camiño, cervexa, bragas, camisa, bidueiro, lamagueiro, ameneiro, colmo, embelga, gancho, cheda, camba, rodaballo, careixa, beizo, lama, lousa, laxe, burato, callau, braña, seara, senra, billa, berce, tona, broa, terco, estancar, virar (CELTA)
TOPONIMIA: son prelatinos todos os nomes de lugares con elementos USC e ASC: Beasque, Viascón, Ledusco, Tarascón,; OBRE: Barallobre, Callobre; CAR, COR, CA: Cangas, Carnota, Coruña, Cambre, Corme, Cornido, Corcubión.
HIDRONIMIA: Deva, Limia, Sar, Teis, Tambre.
Hai moito que facer con este vocabulario: procurar o significado de todas as palabras, tentar agrupalas por campos semánticos, xogar a compoñer con elas. Tamén faremos unha incursión nos mapas para identificar topónimos con raíz prelatina. Boa viaxe polas fontes léxicas do noso idioma!
TEXTO 1
![]() |
berce futurista de vimbio |
TEXTO 2
![]() |
petroglifo de Portela das Laxes, en Viascón |
TEXTO 4
A semana pasada fun á praza mercar unhas cousas que me mandara a miña nai. Como chegaba tarde e empezaba a chover, fun collendo un atallo. Coas présas non miraba o chan e batín cun croio chantado no medio do camiño e caín enriba dun breixo. Para erguerme suxeiteime á póla baixa dun carballo e saín pitando cara a praza. Ao chegar, merquei o que me encargaran: unhas vieiras e un rodaballo, un quilo de xoubas e dous coruxos. NUCLO
sábado, 8 de outubro de 2011
los suaves
sábado, 18 de xuño de 2011
venres, 17 de xuño de 2011
FALEMOS DE PORTONOVO
O meu pai contoume que cando el era novo, de rapaces, ían ao monte e facían cabanas de madeira enriba das árbores que talaron para urbanizar. As novas vivendas ocúpanse só no verán con turismo case sempre familiar. Pouco a pouco as fincas son vendidas para rendibilizalas en forma de cemento e ladrillo. É unha pena que o noso pobo sexa famoso só por iso.
Cando eu era pequeno, todo o mundo tiña galiñas e pitos e os vellos pasaban o día nas hortas, ás veces xa con tractor, a coidar dos animais e cultivar o necesario para ter o básico para todo o ano.
A pesar de todo, a xente segue conservado os vellos costumes e adaptándoos ás novas circunstancias.
Rewind aportado por.....................PIMPÍN
xoves, 16 de xuño de 2011
O CAPITÁN
cunha cara proterva de ministro
nacera, ben se sabe, alá en Chandrexa,
e todos os seus homes
tíñanlle moita envexa
e apoñíanlle nomes
mentres arriaban xuntos a cangrexa.
Chegara a capitán, pobre infeliz
con ningún dente san e un aro no nariz.
Gustaba de xantar en cada porto
sentado no peirao vendo a baía
poucos froitos de mar, ningún do horto
non sendo unhas rebandas de sandía.
Moita carne de año, xato e porco
moita caza de pluma e máis de pelo
moitos doces, xaropes e marmelo
e chulas e filloas, coma un orco.
Non limpaba os dentes e fedía
o seu alento a carromeiro podre
e asustando aos serventes, cada día
bebía canto ron cabe nun odre
XOSÉ MIRANDA: Piratas polo Miño
CONTRA MAR
martes, 14 de xuño de 2011
EVOLUCIÓN DO BERBÉS
Co paso do tempo o Berbés cambiou moito:
onde antes había praia para bañarse e andar ao sol
agora eu agardo o bus todas as mañás,
por onde navegaban barcos de pesca,
chalanas, botes e gamelas
agora circulan coches, camións, autobuses;
fóiselle comendo espacio ao mar.
Hoxe en día, moitos dos lugares onde a xente traballaba
fabricando cestos, amañando redes,
reparando barquiños
están abandonados.
Recuperouse o espazo da vella Casamar
para facer o Palacio de Congresos.
Onde estaba o servizo de emigración
e a cruz vermella
hoxe hai un macro centro comercial.
Tapiáronnos o mar
martes, 7 de xuño de 2011
Vigo anos 60
Vigo antes e despois: neste enlace podedes dar con dous vídeos que amosan a evolución urbanística da Ría de Vigo, se vos fixades ben nas imaxes tamén se aprezan cambios notables na Península do Morrazo.
martes, 31 de maio de 2011
TEIS, BARRIO GRANDE
![]() |
a capela antiga en día de romaría |
![]() |
a ermida construída segundo o proxecto de Manuel Gómez |
![]() |
o proxecto de Palacios en maqueta |
A ERMIDA DA GUÍA:é un dos proxectos de arquitectura relixiosa do autor Manuel Gomez. Está adicada á nosa señora das Neves.
O arquitecto Palacios fixo un deseño moi orixinal que non chegou a realizarse.
Antes deste proxecto había unha capeliña humilde, feita coas aportacións da xente. AQUÍ celébrase dende tempo inmemorial unha romaría multitudinaria á que tradicionalmente acudían xentes da contorna de toda a ría de Vigo para pasar o día enteiro a cantar, bailar e comer cos veciños á sombra dos carballos, algúns centenarios, da vella carballeira situada ao pé da ermida pola banda do Leste.
A Guía reza na tradición popular como unha das sete irmás que coroan cos seus outeiros a banda Sur da Ría de Vigo, todas elas son asentamentos de vellos castros, nalgúns casos desaparecidos por obra e graza da depredación sistemática da nosa cultura. As irmás da Guía son A Peneda (En Soutomaior), O Sino, as Torres de Padín(en Teis), O Castro , O Alba e O Aloia.
Casualmente, dei cun precioso texto de Cortázar en que nos fai saber que en Dheli, na India, a lenda das sete irmás vai referida a uns paxaros que sempre voan en bandadas de sete. Non é incrible?
![]() |
praia de Espiñeiro antes de ser sepultada no cumio do monte non había vexetación, era unha moa redondiña e pelada |
![]() |
o lugar onde se acabaría instalando Factorías Vulcano foto de 1947 |
![]() |
portada de El campesino |
![]() |
folla de El campesino cunha poema de Curros Enríquez |
Se dás co cursor no medio da imaxe, esta aparecerá ampliada nunha páxina independente, podes aínda ampliala máis para acceder aos textos. Observarás que o xornal está en castelán. En torno a 1929 había orquestrada en Galicia unha rede de irmandades creadas para a defensa sen restriccións do idioma, entre outras cousas esixían a cooficialidade co castelán. Este labor quedou interrompido pola Guerra Civil e a longa noite de pedra da ditadura. Burocraticamente falando non se conseguiu tal cooficialidade ata a aprobación do actual estatuto de autonomía. A nivel práctico temos aínda moito camiño por percorrer, se ben é certo que hoxe en día un periodiquiño destas características estaría sen dúbida redactado en galego, xa que a recuperación da lingua escrita é, na actualidade, un feito incuestionable. Outra cousa é a lingua viva que sofre un gran desgaste por falta de transmisión xeracional.
Vigo a cidade perdida: intersantísima ristra de fotografías que amosan as grandes posibilidades urbanísticas de Vigo antes de caer en mans dos especuladores.
Temos noticias que este home era un gran afeccionado ao deseño de aparellos náuticos, chegando a montar un batiscafo que parece que foi probado con éxito nunha das praíñas da banda Noroeste do Monte da Guía. Julio Verne estivo en Vigo para coñecer o prototipo de Sanxurxo e posiblemente nel se inspirou para crear o Nautilus da Vinte mil leguas de viaxe submariña. Lembrade que a ría de Vigo é un dos espazos literarios desta marabillosa noveliña.
![]() |
non hai moito que por Sanxurxo Badía baixabas vendo todo o tempo o mar |
![]() |
hoxe en día vas camiñando entre dous muros xigantescos de edificios |
xoves, 19 de maio de 2011
BICENTENARIO DA BATALLA DAS PEDRAS 18-05-1811
xoves, 12 de maio de 2011
MUNDO LOIS

Desde a superficie dun novo
e imprevisto salvamento
Sería a luz que me alagaba os ollos
da vida roubada á morte veciña
pero todos me apalpaban incrédulos
colléndome das mans.
Todos aqueles que me amaron morto
amábanme máis vivo.
Abríranse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que se abría cara a vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanoarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe.
nadal, 94
Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, 2011. O poema pertence a Poemas póstumos, 1992-1994
venres, 6 de maio de 2011
venres, 15 de abril de 2011
xoves, 7 de abril de 2011
NAVY BAR / Manoel Antonio

xoves, 31 de marzo de 2011
GALIZA NAS VANGARDAS
venres, 25 de marzo de 2011
TRÁEME Á VIDA- Evanescence
TRÁEME Á VIDA
Como podes ver nos meus ollos como portas abertas?
levando contigo memo o meu núcleo
onde virei alguén tan insensible
sen alma, o meu espírito está a durmir nalgún lugar xélido
ata que dás con el e lévalo de volta a casa.
retrouso
Espértame
espértame por dentro
non pode acordar
espértame por dentro
sálvame
di o meu nome e sálvame das tebras
espértame
dille ao meu sangue que corra
non pode acordar
antes de acabar incompleta
sálvame
sálvame do nada en que me convertín
Agora que sei o que son sen ti
non podes deixarme sen máis
respira en min e faime real
tráeme á vida
retrouso
Tráeme á vida
estiven vivindo unha mentira
non hai nada dentro
tráeme á vida
Conxelada por dentro sen o teu tacto
sen o teu amor, querido,
só ti es a vida na morte
Todo este tempo
non podo crer que non puidese verte
agochado na escuridade
estabas en fronte de min.
É como se durmise 1000 anos
teño que abrir os ollos a todo
sen pensamento
sen voz
sen alma
Non me deixes morrer aquí
hai algo que non funciona
tráeme á vida
retrouso
Tráemeá vida
habitei unha mentira
non hai nada dentro
EVANESCENCE
Canción aportada por........ADAN
xoves, 17 de marzo de 2011
Kings of Leon - Pyro
PYRO
Un simple libro de fósforos
vai queimar a quen pare no camiño
a baixaren a toda présa a montaña.
Agora chaman á brigada antiincendios.
Leva as fotos
e dille aos nenos que estopu ben.
Se me perdo
lémbrame antes de hoxe,
nunca serei a túa pedra angular
eu...
Toda a negrura dentro de min
fíltrase lentamente dende os meus ósos.
Todo o que quero
vai morrendo lentamente ou xa marchou.
Meniños tremendo
e bébedos que concordan con todo,
unha vez que empeza o espectáculo
será digno de verse.
Nunca serei a túa pedra angular
Non quero estar aquí agardando
Nunca serei a túa pedra angular
Eu...
Olla como corre
Podes sentilo?
Olla como corre
Podes sentilo?
Nunca serei a túa pedra angular
Non quero ficar aquí a agardar
Nunca serei a túa pedra angular
Eu...
Kings of leon
Canción aportada por..................CAIOU
mércores, 16 de marzo de 2011
Creep / Radiohead / RARIÑO
RARO
Cando andabas por aquí
non puiden ver os teus ollos
es talmente un anxo
a túa pel faime tolear
abalas no ar como unha pluma
nun mundo fermoso
gustaríame ser especial
ti es tan fodidamente especial
Pero eu son rariño, son un malpocado
que demo pinto aquí?
non encaixo aquí
tanto me ten se doe
quero ter o control
quero un corpo perfecto
quero unha alma perfecta
quero que o saibas
cando non ande por aquí
ti es tan fodidamente especial
gustría de ser especial
retrouso
Ela escapou de novo
escapou
ela escapou...escapou...escapou por aí
Todo o que che faga feliz
todo o que queiras
es tan fodidamente especial
gustaría de ser especial
retrouso
Canción proposta por........MIKE
xoves, 10 de marzo de 2011
OLLO DE TIGRE
OLLO DE TIGRE
Vou subindo polas rúas,
levoume o meu tempo e corrín os meus riscos.
Distancieime e, de volta aos meus pés,
só un home e o seu desexo de sobrevivir.
Ás veces, sucede moi rápido,
cambias a túa paixón pola gloria.
Non perdas a fé no que chegaches a desexar,
debes pelexar para mantelo vivo.
É o ollo de tigre
listo para pelexar,
enderéitase para retar ao seu rival.
É o último sobrevivinte,
caza de noite a súa presa
e está a ollarnos a todos
co seu ollo de tigre.
Cara a cara, aí fóra coa calor
é difícil aguantar, esfameado.
Todo é posible ao inicio do camiño,
matamos habilmente para sobrevivir.
Dirixíndome directamente ao cume
tiven coraxe, conseguín a gloria.
Distancieime, agora non vou parar.
Só un home e o seu desxo de sobrevivir.
Grupo: SURVIVOR
Canción aportada por................IVO
venres, 25 de febreiro de 2011
OS TESOUROS VIVOS


Levar o mar nos petos
Música clandestina
Na gamela co asasino
Xogar ao cachirote en tempos de estraperlo
Loitando dende fóra a peito descuberto
O tempo dos códigos secretos
Cestas a peseta
Onde o medievo rematou hai trinta anos
Retrato dun xornalista en tempos escuros 1960-2011
Homes de ferro
Seis asasinados: cinco viúvas e vinte orfos
Este é un proxecto internacional que pretende resucitar o valor incalculable da narración oral e da palabra viva. Se queredes saber máis aquí quedan enlaces:
http://humanlibrary.org/living-library-google-map.html
http://pontenasondas.org/index.php
http://www.xandobela.info/bibliotecas
luns, 14 de febreiro de 2011
WIND OF CHANGE / SCORPIONS

xoves, 10 de febreiro de 2011
A REVOLTA DOS ANIMAIS / GEORGE ORWELL
Aquí tendes o 1º dos vídeos que podedes atopar en youtube coa versión audiovisual en debuxos animados, subtitulados en portugués.
Tentaremos seguir metendo enlaces a aspectos interesantes do autor e da novela
es.wikipedia.org/wiki/George_Orwell : aquí atoparás información sobre o autor.
es.wikipedia.org/wiki/Rebelión_en_la_granja : aquí atoparás información sobre a simboloxía da obra Animal farm
venres, 4 de febreiro de 2011
XORNADAS ESGOTADORAS

SOÑO VERDE

CHUVIA COLORIDA

MERGULLOS

SOÑO ESCULTÓRICO

xoves, 27 de xaneiro de 2011
MANÍA PERSECUTORIA

SOÑO ESPECTRAL

luns, 24 de xaneiro de 2011
CINSENTA

Era unha vez unha rapaza chamada Cinsenta que vivía coa súa madrasta, unha muller malvada que tiña como único interese o diñeiro do difunto pai da nena; tamén vivía coas súas medio irmás, que eran réplica exacta da súa nai.
Trataban a Cinsenta como unha escrava, obrigándoa a facer todas as faenas da casa e Cinsenta, que era tan boa que chegaba a ser parva, facíaas.
Un día o rei organizou unha festa na discoteca do pobo para dar cunha noiva axeitada para o seu fillo, o príncipe. Todas as rapazas da vila debían asistir coas súas mellores galas. Cinsenta pediu permiso á madrasta para ir ela tamén, pero a mala pécora non a deixou e obrigouna a limpar toda a casa esa mesma noite. Así que as tres bruxas marcharon Cinsenta botouse a chorar. Entón apareceu un pequeno elfo que, chiscando os dedos díxolle: "espabila, nena, non pode ser que sigas sendo tan parva!" e desapareceu.
De repente, Cinsenta deixou de chorar, foi ao cuarto das súas medio irmás e colleu un dos seus horribles vestidos. Despois de utilizar o seu enxeño en costura, quedoulle un vestidiño ben xeitoso. Colleu a moto da madrasta e foi á festa principesca.
Ao chegar alí, cando o príncipe a viu, quedou pampo e namorou perdidamente. Foi un frechazo. Acercándose a ela moi a modiño díxolle: "gastas pista?" e ela díxolle: " pois claro!". Despois de botaren uns bailes, o DJ anunciou que eran as 12 da noite. Entón Cinsenta tivo o presentimento de que tiña que estar de volta na casa antes que a súa madrasta e as lerchas das súas medio irmás. Botou a correr cara a moto como unha bala pero polo camiño perdeu o seu coleteiro no que quedara enganchado un pelo da súa longa e metálica cabeleira. O príncipe, desconcertado, saiu detrás dela, pero o único que atopou foi o coleteiro.
Mandouse o único pelo a un laboratorio para que se lle fixesen as probas do ADN e saber de que zona era a propietaria. Estreitando o cerco da investigación chegou de novo estar fronte a Cinsenta. A rapaza marchou co príncipe, non deberon casar porque na tele non dixeron nada, nin saíron fotos nas revistas. O que si se sabe é que as tres bruxas quedaron mortas de envexa na casa facendo as súas propias faenas, porque ninguén lles quixo ir de criada.
MINISOÑO

Érgome pola mañá para ir ao instituto. Almorzo na cociña e despois vou ao cuarto para me vestir. Logo vou ao baño e lavo os dentes. Cando termino vou de novo ao cuarto de durmir, poño a cazadora, dispóñome a saír pola porta, ábroa e xa estou entrando polo insti. Soa o espertador da realidade e acaba o soño.
IMAXES ONÍRICAS

venres, 21 de xaneiro de 2011
PINOCHIO RECONVERTIDO


xoves, 20 de xaneiro de 2011
OS TRES PORQUIÑOS. VERSIÓN ACTUALIZADA



Ao irmán maior gustáballe a construción moderna e decidiu que a súa casa sería de aceiro e formigón, coa mellor tecnoloxía e os últimos avances en vixilancia e seguridade.
Cerca daquela zona existía unha reserva natural na que vivía un lobo. Como todos os días, o lobo foi xogar a partida cos seus amigos da reserva e por casualidade enteirouse de que moi cerca acababan de instalarse tres porquiños.
O lobo, que estaba famento, ideou un plan despois de lles ir botar unha ollada.
Disfrazado de axente inmobiliario chamou á porta do porquiño menor. Púxose a falar con el, ofertándolle unha gran cantidade de cartos pola súa casa, O porquiño díxolle que non estaba interesado. Estaba pechando a porta cando o lobo se lle botou enriba para comelo pero o porquiño, que era pequeno e escorregadío, liscou correndo cara a casa do seu irmán mediano.
O lobo, moi enfadado, foi á caseta do garda da reserva, colleu a escopeta e dirixiuse á casa do porquiño mediano. Disparou contra ela e tdas as vidreiras quedaron escachifadas.
Os dous porquiños liscaron correndo a casa do irmán maior.
O lobo, cheo de xenreira, foi correndo detrás deles pero non contaba cos dispositivos de seguridade ultramodernos e fixo que saltasen todas as alarmas. Nun intre, un extraordinario despregue policial conseguiu inmobilizar o lobo e desenmascaralo. Levárono de volta para a reserva.
Como castigo, o que dicía ser un axente inmobiliario, tivo que pagar os desperfectos con servizos á comunidade e reconstruíndo a casiña acristalada do irmán do medio baixo a supervisión do garda. E tamén tivo que cumprir unha orde de alonxamento, para que os tres porquiños puidesen continuar coa súa vida sen intimidacións.
FIN
Versioneado por.....POCOYO
luns, 17 de xaneiro de 2011
MAIS ALÁ

Manifesto "Máis alá" (1922)
I O xesto / Os vellos / A nosa razón / O ruralismo / Os devanceiros
II "Pollitos bien"/ Tamén hai outros
III Nós /A fala / Desbotando / Individualismo
IV Mocidade!
Fonte : Mil primaveras máis (Roberto Abalde)
http://www.galespa.com.ar/