xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÁNDOLLE AO START




DENTRO DO XOGO
Atopábame eu xogando tan tranquilo na miña casa a un xogo de consola de disparos. Non sei como conseguín transformarme nun personaxe do xogo, un soldado. Levo unha pistola nas mans. Estou aterrado, tento escapar correndo pero hai moitos disparos e sangue que semella real. Decido tumbarme e agardar  a que acabe aquel inferno. O problema é que aparece un home moi grande, armado cun fusil, e dá comigo. tento escapar. Por puro costume, busco o botón de saída do mando da consola, pero cada vez que o intento, o mando desaparece. Logo só sei que aquel home dixo nun ton moi grave e baixo: pum!. Eu caio morto e esperto aterrado e suando a fío na miña cama.
Creo que debo deixar os videoxogos de disparos.

POR: OTORTO



POR AQUÍ E POR ALÁ

Estaba eu sentado no coche dun home, nun asento de plástico.......e batemos cun muro. Abro os ollos e doume conta que estamos na costa italiana, percorrendo a estrada cunha Vespa. Levo unha moza coñecida no asento de atrás e cando abro os ollos de novo, batemos contra un móbil. A moza desaparece e eu caio en picado nunha montaña rusa. Chimpo no momento de caer e a miña caída dura moitísimo, para a miña sorpresa son capaz de ver como é o golpe. Morro no acto.  

POR: NEGRO



A MÁIS DE 37 GRAOS

Teño febre. Estou quedo, calado, como se estivese noutro mundo. O meu pensamento céntrase só nunha cousa, non facer ningún esforzo sen deixar de facer o esforzo necesario para non esforzarme.

Vexo un mundo baleiro, alaranxado, o chan semella de terra mollada; hai unha especie de camiños en forma de valgadas. Ao esforzarme en entender, un son moi moi molesto me invade e logro ver borrosamente miles de pernas pasando moi de présa polas valgadas. Cando deixo de esforzarme un silencio que mete medo aparece.

Sempre é así, a mesma ensoñación, cos mesmos detalles.

POR: PAPAIA





martes, 29 de xaneiro de 2013

Cousas que pasan








AS PORTAS DO SOÑO

Estaba eu moi tranquilo vendo a televisión, nun momento dado virei a cabeza e os meus ollos bateron cunha porta, unha porta laranxa que nunca antes viran. Algo me atraía con forza cara ela, incitándome a traspasala. Fíxeno cos ollos pechados e cando os abrín encontreime nun lugar estraño, gustoume. Había uns longos xardíns con fontes que botaban chorros divertidos. Seguín andando ata que batín cun ferrancho, corrín cara atrás para ver que sería, encontrei catro columnas xigantescas que se xuntaban facendo un pico, pechei os ollos para ver se era verdade e todo desapareceu. Agora era todo area, parecía que estaba nun deserto, ía moito frío; quixen fuxir de alí, empecei a correr e veu un can; acerqueime a el para acariñalo e púxoseme a falar. Díxome que correse ata aquela porta, unha porta que eu non vira ata aquel momento. Do outro lado encontreime no instituto.

POR: J10




POR AQUÍ E POR ACOLÁ

Estaba eu na miña aldea, na casa había dous cans e varias serpes. Estaba eu chorando enriba do mármore da cociña pedindo axuda ao meu primo pero el estaba a comer e non me facía caso e eu non podía baixar do mármore da cociña porque estaba moi moi asustado, pero....caín e aparecín no instituto, na aula de música.....saín correndo e aparecín no Calvario onde atopei o meu pai. O meu pai ía sen zapatos e eu non paraba de preguntarlle por que non levaba zapatos, pero el non me respondía; levoume ata a porta dun portal que era moi rara e aí remata o meu soño.  

POR: SK8








O MEU PEIXIÑO LARANXA

Estou na praia coa miña amiga Anabel, a miña veciña Marta e a súa nai.
Teño un peixiño laranxa dentro dunha bolsa na man.
Encántame este peixiño.
De súpeto aparece un gran dinosaurio verde e tírame o peixiño.
Empezo a chorar.
Toda a xente que hai na praia sae correndo escapando do furioso dinosaurio, pero eu quero recuperar o que me roubou.
A nai da miña veciña tira de min e consegue levarme ata o coche.

POR: NUCLO




NA ALDEA

Estabamos na casa da aldea. Era o cumpreanos dunha compañeira de clase e celebámolo alí. Había moita xente, xente coñecida e xente que na miña vida vira.
No lugar do canastro había un gran encoro que utilizabamos como piscina. Eu dispúxenme a saltar cando todos empezaron a correr e a berrar. Asusteime e tamén empecei a correr. No momento de saír pola porta, algo me agarrou por detrás e aparecín outra vez no encoro a piques de saltar. Volveuse repetir todo exactamente igual e, como eu xa sabía o que ía pasar, empecei a correr máis rápido.
Cando por fin conseguín sáir da casa, en vez de aparecer nun sitio real, aparecín nun campo verde cunha praia detrás, como se a casa estivese alí.

POR: SORI





luns, 14 de xaneiro de 2013