domingo, 9 de xuño de 2013

CARLOS CASARES: "O xogo da guerra"





O XOGO DA GUERRA por anxo_xinzo


Lemos en 4º varios relatos que incorporan á literatura galega as técnicas do que se deu en chamar a Nova Narrativa, etiqueta tirada da expresión francesa Nouveau Roman. Do precursor, Rafael Dieste, paramos no "Neno suicida". De Ferrín lemos o relato labiríntico "Medias azuis". E de Carlos Casares centramos a nosa atención no relato "O xogo da guerra", incluído na colección Vento ferido. 

O que máis nos chamou a atención deste monólogo en 1ª persoa  foi o tratamento do tempo, pois aparece o pasado (para reconstruír a historia),  o presente (hostil) e o futuro (vinganza con asasinato), e tamén a crueldade con que ás veces xogan os rapaces a ser adultos ( teñen abondo en que inspirarse).

Buscando na rede o texto para incluír no blog dei con esta adaptación audiovisual, realizada por alumnos do instituto de Xinzo. E xa non é a primeira vez que topamos pequenas pezas da literatura contemporánea galega adaptadas ao cinema por alumnado de secundaria, sorpréndenos o ben que o fan e como resolven o desafío técnico que iso supón. Parabéns ao equipo que realizou este traballo.

O vídeo creo que dá para moitos comentarios. Pero é mellor que os fagades vós, que este curso o blog parece que se transformou nunha especie de monólogo sincopado en fa menor.

Saúdos e a disfrutalo!




13 comentarios:

Lura dixo...

A pelicula esta ben, a musica e os lugares son moi bos, pero os unicos erros que encontro e que cando lle pegan ao Zalo, non parece que o zosquen e que so matan unha mosca. E outras das cousas boas son os cambios de lugares, e os efectos tamen foron bos.
O video a parte de estar ben feito,
conta moi ben a historia e as casas
parecen antigas.

A roupa parecia dos anos 80 e era un pouco inhadecuada, a idade dos actores parecenme mais maiores ca os persoaxes do conto, e mais grandes.

nonvoa dixo...

A curtametraxe empeza cunha ironía, vese unha fervenza e de fondo escóitase as moscas barallar, para min esto refírese a como Rafael intenta canalizar a sua ira curtándolle as ás ás moscas e tirándoas ao lavabo que estaba cheo de auga. Outra cousa que me chamou a atención foi que os actores aparentan mais maiores do que debía ser, xa que no texto o autor dá a entender que son rapaces de 13 ou 14 anos. Cando lle deron os vimbiazos ao rapás (Zalo) podíanlle pór un pouco de tomate ou maquillaxe no corpo para semellar sangue xa que parece moi pouco crible. Este texto transmite moi ben a crueldade dos rapaces.

Sabas dixo...

O vídeo amósanos a historia dun neno que por culpa do medo e a presión, vese obrigado a mazar a paos a un compañeiro, Zalo. Esta baseada nunha época antiga, na que o Rata era o líder e Rafael era o mandado. A curtametrexe localízase nos lugares indicados, xa que o internado e o rio escenifícanse ben, pero os actores parecen dunha idade superior á do relato. Escenifíxase ben o odio do Rata e a loucura de Rafael.

CABEZÓN dixo...

A min pareceme que o vídeo representa bastante ben o relato de Casares, apréciase o trastorno de Rafa, e vese como pasa de non lle querer facer dano a ninguén a planear con sangue fría o asasinato do Rata. O video comeza co son das moscas e a auga revolta do río, o que nos indica o que vai pasar ao final. Os escenarios onde se desenvolve a historia son axeitados e tamén a música que acompaña, pero non os personaxes, que no relato faise a idea de que son máis novos. Bótase en falta a ausencia de feridas e moscas no corpo de Zalo, pois no vídeo non se aprecia nin unha rabuñadura nel. Rafael debía ter algún trauma ou complexo por algo relacionado ca súa nai ( quizáis era nai solterira, o que estaba moi mal visto nos pobos ), por iso cede a baterlle a Zalo no río. Obsérvase moi ben a comparación da morte das moscas no lavabo co a que el lle ten planeado ao Rata, consígueno transpoñendo a imaxe das pernas revolvendo a auga e a mosca flotando no lavabo.

Chicharito dixo...

-O vídeo comeza co son dun abellón, o cal, nos leva a pensar no comezo do relato escrito, que dicía, que o protagonista estaba papando moscas no lavabo. Segue, contando a esixencia do Rata (persoaxe). Cando o Rata dicía vén el íba.
O aspecto do protagnista é de neno pequeno.
Antes de ir a xunto do Rata, vai por un amigo para que o acompañara.
Coma pasa no relato, é unha farsa. O Rata ata ao amigo do Zalo a unha árbore e obrígalle a este a baterlle cun vimbio. Zalo non quere, pero acaba cedendo.
A historia está ben levada ao cine cunha música moi adecuada ao contexto que quere expresar Carlos Casares.
No vídeo, contrástase, a idea das moscas afogando no lavabo e a malleira que lle dá Zalo ao seu amigo.

junes dixo...

No vídeo ao principio pódesever que poñen a son do zmbido dunha abella ou por erro , ou por tradición celta . Tamén os actores aparte de non seren nenos , senon adultos , visten coma nenos da época dos 70 ou dos 80 con tirantes , pantalón curto e camisa . Os exteriores do vídeo son perfectos xa que ensinan un monte real a beria dun río. A parte diso non mostranh o efecto das moscas sobre o corpo do Zalo e non se ven as feridas.Tamén me gustou bastante os efectos de monólogo que fai o rapaz mentres atópaso no lavabo agogando moscas.Tamen a obra esta mostra mellor coma en tempos de guerra obríganse a xente a matarse entre elas ainda que sexan familia e veciños .Coma exemplo disto móstrase no relato coma o protagonista é obrigado polo Rata a acabar pegando ao seu amigo.A raiz diso , o protagonista acaba tocado psicolóxicamente e planea no internado como vai matar ao Rata. O video está moi ben feito e é coma imaxinábame o reLAto FIN

Marilo dixo...

O video está bastante ben, ainda que despiden apreciar varios erros. O primeiro fallo pódese apreciar en canto comeza o filme, xa que o rapaz é moi maior, e leva roupas propias dos nenos dos anos 50. O demáis está ben, os exteriores son bos. Ten ben os detalles, como o da caixa de mistos. O Zalo non parece que lle zuscaran cando o enfocan ó final. Gustarme o efecto do final, cando se ve o futuro que el imaxina no río, á vez que a mosca na auga do lavabo. Conseguiron facer notar os cambios de tempo, grazas á voz en off e os efectos do vídeo. Outros erros son a falta do home co que se supón que fala o neno, e que non contaba todo o que contaba o texto con respecto ao internado.

O torto dixo...

A curtametraxe comeza cun son molesto dunha mosca. Xa pode ser polo relato en si ou ben polo costume celta no que lle fan ese son aos mortos. A posta en escea está ben, exceptuando que a idade dos actores é un pouco 'avanzada' da que parece que teñen no relato orixinal. En relación ao relato, o montaxe do video está moi ben: Paisaxes, roupas.. Pero a idade dos actores parece moi avanzada, e é sospeitoso que xente de tanta idade xoguen con bolboretas. En xeral moi boa historia tendo en conta os materiais, porque empregan unha boa BSO, bos escenarios, e respeta totalmente o guión de Casares, deixando no aire como acaba Zalo, pero perde a malicia dos personaxes porque son máis vellos do que o esectador espera.
Gustáronme moito os efectos cando lle están a pegar ao Zalo e cando ten as visións da vinganza, mesturándono co presente, no baño, e no monólogo interior do protagonista, coma se todo fose sacado da imaxinación e os recordos do protagonista, e así explicar os traumas non superados polo ocorrido
- Fanse alusións a nai, deixandba aberto o 'porqué'
- Faltan as moscas cando pegan ao Zalo
- Non aparece nada post-palleira (o vello e así coma no orixinal)

Marilo dixo...

Na segunda liña non é despiden, é se poden.

Crack dixo...

Neste vídeo pretendíase facer unha representación do "Xogo da Guerra" de Casares, a mín pareceume bastante bo o vídeo o malo é que son rapaces mais maiores do que eu me imaxinaba. Gustóume moito o trato do tempo, pero non traballaron moito o dos vimbiazos, ademais a escenificación dos mesmos non era moi real, aparte de que xogaba con varias moscas e no vídeo so mataron unha. Pareceume moi interesante como fixeron o final da representación coa mosca superposta a imaxe.

O Negro dixo...

O meu parecer, os rapaces que fixeron a película do relato de Casares respetaron en case todos os puntos o que o autor escribira, aínda que pareceme importante mencionar que a idade dos personaxes non pareceme adecuada, pois coa idade dos da película (16-18 anos) os rapazes xa non poden ter a mesma forma de xogar ou a mesma crueldade, propias dos dez-doce anos.

Pareceume que os xovenes fixeron un bó traballo, xogando moi ben cos efectos(no final), coa banda sonora, moi apropiada, e demáis. Además, paréceme que os rapaces utilizaron unhas vestimentas de neno, e creo que con iso querían gardar relación coa idade dos nenos do relato.

catwoman dixo...

A min pareceume que a relación entre o texto é a pelicula e un pouco sinxela ademas de ter faios tanto nos perxoases como na escaseza de acción .Explicome eu cando lin o relato pareceume mais cruel con mais gritos con maior expresividade .Eu creo que un das maior caracterisitca da pelicula é o xogo da guerra no que con este xogo pratica a sua vinganza contra o rato e na pelicula so apreze unha mosca,alguns dirán mellor asi que soó tiveron que matar unha mosca pero podian meter de plastico ou calquera cousa que se lle parezera ,isto sumase a elevada idade dos actores e a escaseza de moscas é sangue cando mallarón ao chaval .O que me gustou foi a montaxe do video sobre todo a musica ademais dos paixases.

carallocorou dixo...

Que alegría vervos por aquí! Esta moi ben que que vos animásedes a deixar a vosa aportación no caderno de bitácora de 4º, estades practicamente todo o grupo. Parabéns.
Ignoro cando volveremos ter oportunidade de poñer en común opinións sobre unha reinterpretación audiovisual da nosa literatura.
Como xa comentei cando o vimos, creo que debemos felicitar o grupo de estudantes que fixeron este traballo. Escolleron exteriores magníficos. Usaron un nivel de lingua máis que axeitado para o asunto do relato e fixeron unha mestura de imaxes na escena final que ronda a estética do cinema sicodélico, eu creo que para dar conta do monólogo interior do protagonista, da tortura interna en que vivía, só pensando na vinganza.

Ben, como vexo que non tendes dificultade ningunha en verquer por escrito o que vos suxire o cine e a literatura, quedades formalmente invitados a participar cos vosos comentarios e textos propios nas vindeiras edicións do noso caderno de bitácora. Foi e é un pracer compartilo con todas e todos vós.