sábado, 23 de maio de 2015

ERAN UNHA VEZ ......... UN FELIZ MUNDO NOVO E UN PORCO A DÚAS PATAS



Entrevista a Aldous Huxley: A DICTADURA CIENTÍFICA







PARTE 1 da serie TV baseada na novela de Huxley Un feliz mundo novo (1931) Está dispoñible a serie completa en youtube.




DOCUMENTAL sobre Aldous Huxley

GRANDES ESCRITORES: Aldous Huxley


Deixamos todas estas ligazóns para quen queira ilustrarse sobre a novela que lemos en 4º neste 3º trimestre. Huxley foi quen de botar unha ollada profética sobre o futuro inmediato das sociedades humanas e amosarnos unha vista panorámica desoladora. Algo parecido fixo Vicente Risco con O porco de pé pero uns anos antes (1928) e coa óptica da sátira escarnecedora.

Xa me tardaba a min a hora de emparellar estas dúas noveliñas neste caderno!



        




16 comentarios:

Anónimo dixo...

Pareceume unha das mellores obras que existen e fíxome plantexarme moito como acabaría sendo a vida no futuro. Eu creo que a novela pode estar marcando cara onde está indo a sociedade. Esta idea visionista pode resultar exaxerada, pero é posible e podería ser certa nun futuro. A obra fíxome pensar na pérdida de valores, no uso da tecnoloxía e en como ao igual ca os personaxes restámoslle importancia ao amor frente a diversión e o placer.
Gustaríame pensar na maneira de salvar o salvaxe, pero resúltame imposible pensar na maneira de conseguilo. Supoño que o final é acertado xa que eu ao menos tamén tolearía se tivese que loitar contra unha sociedade que non me comprende, é unha angustiosa soidade.

- Ogey

Anónimo dixo...

A pesar de que a novela é un pouco extensa de máis, pareceume unha boa novela moi recomendable, o peor da novela é que tes que estar cada dous por tres buscando o significado dalgunhas palabras (tecnicismos) no diccionario, eu doulle un 7 sobre 10, esta obra faite pensar sobre algúns detalles futuristas que poderían chegar a ser certas no futuro, e que na miña opinión espero que non cheguemos a iso, aunque sen dúbida esta é unha gran novela.


-Solrac-

Onai dixo...

Este libro pareceume interesante e entretido.Enganchate dende o primeiro momento, tanto a narración como as personaxes,e consegue introducirche dentro da historia facilmente.
Con respecto ao final, eu cambiaría a forma de actuar desta sociedade,posto que me parece pouco crible que a ninguén lle parecese extraño que entre John e eles haxa tanta diferencia.Eu engadiria un capitulo mais no que algunhas persoas se revelan e esa sociedade tan controlada se desmoroa.
A puntuación que lle daría sobre dez sería un nove.

Anónimo dixo...

O libro, aínda non sei moi ben se me gustou ou non, xa que o principio era realmente aburrido e confuso, pareceume do máis asqueroso a parte na que nos mostra como nenos mantiñan xogos eróticos, repugnante. Gustame a descubrición do salvaxe, xa que da a entender un mundo que eu comprendo mellor, unha mentalidade máis común no 2015 no que vivimos. O que máis me gustou foi o final, xa que cara min, e o meu pemsamento, era como "ves loitar contra o mundo máis el gañará" e así é.
Eu non camiaria o final, quizá habería outra solución para el, máis a única que eu penso é un manicomio, xa que pola presión, acabou algo desequilibrado (o Salvaxe) foi un bó final, unha boa metáfora de que ti so non podes cambiar o mundo cando todo é tan diferente e sobre todo cando ti es tan diferente aos demáis, quizá el poderia haber feito un grupo de revolucións que quizá cambiase a sociedade, máis moi difícil o vexo posibe.
Doulle un 7 a obra, era confusa, máis tiña un bo argumento no que pensar, gustabame nela as conspiracións que facía manter o interés no libro.


-Bambi.-

Anónimo dixo...

Doulle un 9,5. 'Un feliz mundo novo' pareceume un libro marabilloso, moi filosófico (como a min me gustan). O único problema que atopei, neste caso en min, foi que como o libro era tan denso custábame seguir a historia e a línea na que acontecían os sucesos. Respecto ao final... pareceume o máis apropiado. Nunha sociedade na que ninguén te entende, ou non tes o que máis queres, que é a túa nai, non ten sentido seguir vivindo. Sería absurdo. Ademais, ao mesmo tempo, pareceume moi sorprendente. Polo título, un podería deducir que a historia vai acabar ben, pero todo o contrario. Prodúcese un xiro argumental inesperado e que suscita o interese do lector. En resumo, encantoume o libro porque me fixo filosofar durante horas, e iso é algo que me encanta: reflexionar sobre a existencia humana.

-TeamKatya

Anónimo dixo...

Ao libro daríalle un 7, pareceume moi interesante como o autor describía a forma na que creaban as persoas e lles daban trazos a cada casta.
O desenlace atopeino un pouco confuso e tiven que lelo varias veces para entendelo ben. Eu remataría o libro co salvaxe volvéndose coma os demais para ilustrar a facilidade coa que as persoas poden perder a súa orixinalidade.

-TeamMax

Anónimo dixo...

O libro pareceume moi interesante aínda que un pouco complicado de entender, eu cambiaría o desenlace e faría que o salvaxe revolucionase o Mundo Feliz e fixera que a xente se decatara do reprimida que está e o triste da súa "vida feliz", abrindo así as súas mentes e vivindo todos nunha mesma sociedade.

-Raichu

Anónimo dixo...

Este libro gustoume bastante, ainda co título do libro semella o que non é porque creo que non existe ningun mundo feliz, todo o contrario, as personas están deseñadas e non teñen sentimentos. O final cambiaríao por outro diferente no que non morrese John e no que a xente puidese facer o que quisexe e ter fillos tamén. A miña valoración é un 6.

-Aerea-

Anónimo dixo...

Este libro gustoume porque reflicte como sería unha sociedade na que se supriman os sentimentos, a relixión e a filosofía dende o punto de vista de A.Huxley, nesta sociedade non hai conflictos porque ninguén ten os seus ideais propios. A miña opinión do desenlace é que se podia resolver doutra maneira, por exemplo que John escapase a algún lugar lonxano onde ninguén o coñecese para vivir cos outros salvaxes.

- Sr. Picaporte

Azul dixo...

Este libro gustoume moito, tanto pola forma de narrar como polo contido e as personaxes.Fíxome reflexionar sobre os perigos do progreso xenético e sobre como se condiciona a sociedade mediante ,por exemplo, a publicidade e os medios de comunicación.
Chamoume a atención ,sobre todo, a forma de condicionar aos rapaces dende pequenos mediante descargas eléctricas.
Con respecto ao final as miñas ideas son contradictorias; estou de acordo con Jhon polo feito de que non aprobe a forma de vida do Mundo Feliz, pero non me pareceu ben que se suicidase.

Anónimo dixo...

Gustoume moitísimo a obra. Meu pai xa me dixera de ler o libro hai anos pero nunca me animaba. Non me arrepinto. Chorei co final a pesar de que non se me ocorría ningunha outra opción para o Salvaxe. Un individuo non pode cambiar a sociedade. E non sendo aceptado por ninguén, tratado coma un obxecto para burlarse, comprendo por que se matou. E ponme triste que non tivera outra opción, porque a xente non quería comprendelo. Ainda que tamén comprendo á xente, querendo ser sempre felices e sen preocupación. Sen dúbida, o que mais me gustou foi o final, e á obra doulle un 10. Volverei lela!

- Ar

Anónimo dixo...

Gustoume moito a obra. O tema pareceume moi interesante pois mostra como podería chegar a ser a vida das persoas se deixásemos que o progreso tomase o control sobre as nosas vidas. Chamoume a atención que o título non tiña nada que ver con o mundo que nós vemos pero si co que os personaxes ven, pois para eles esa sociedade tecnolóxica e carente de liberdades é maravillosa porque están sempre tomando pastillas para eliminar as emocións.
Ó principio pareceume moi aburrido pois ten un comezo moi lento pero a medida que vai avanzando, ponse cada vez máis interesante.
O final non gustoume moito pero era o único que o salvaxe podía facer pois el alí non encaixaba para nada e nadie o comprendía, ademáis de que acababa de perder á súa nai.
Por todas estas razóns, eu doulle un nove.
-Airela

Anónimo dixo...

A obra distópica de Aldous Huxley, titulada "Un feliz mundo novo", pareceume doado de ler, enganchóume dende o principio. Ademáis sorprendéume o parecido que ten o mundo descrito de Huxley co actual no que vivimos.
Houbérame gustado que John (o salvaxe) houbera convencido a todos os demáis que o seu "mundo feliz" en realidade era unha farsa, xa que era todo o contrario. E que todos viviran nun mundo real, no que cada quen fora como en realidade quixera ser de verdade.
A miña puntuación para este libro é un 8,5.

-Line

Anónimo dixo...

O libro é moi interesante xa que o seu argumento é moi bo. Hai partes na novela nas cales hai moita narración sobre o que pensa un persoaxe e ao mesmo tempo sobre o que pensa outro e iso pode despistar un pouco. Aquel mundo feliz que o autor imaxina podía ser o mundo no que tocounos vivir a nos pero de momento ese mundo non chegou de maneira completa xa que as persoans non poden programarse nun laboratorio para nacer dunha maneira ou doutra. En canto ao desenlace podía acabar co triunfo do Salvaxe cambiando aquel mundo xa que nun momento dado da novela di que el podía construir un mundo novo.
-Unea

Anónimo dixo...

Este libro foi sen duda o mellor que lin en galego. Fixome reflexionar sobre o poder das grandes empresas actuais na sociedade. A parte que mais me gustou foi o final porque reflicte unha persoa actual nese tipo de sociedade. Doulle un 9/10

- Cantimplora

Anónimo dixo...

O libro foi un dos mellores que lin en galego, xa que ten momentos de moitan intriga e misterio, gústame como o autor fai unha sociedade futura na que todos viven ben gracias aos avances tecnolóxicos, a miña parte preferida da obra foi o final, cando danlle a oportunidade a Bernard e mais o seu amigo de ir a unha isla para poder vivir "a súa forma". Tamén gustoume cando o salvaxe decide suicidarse, xa que non soporta vivir nunha sociedade tan rara.

En resume é un gran libro que todo o mundo debería ler.

Cazola