martes, 19 de maio de 2015

VIDEOTEATRO 2015


O Atraco IES ROU from matesrou on Vimeo.


A actividade teatral en galego centrouse este curso na representación dunha pequena peza teatral traducida para tal ocasión. A historia é moi sinxela e no diálogo hai unha certa dose de absurdo e humor. 

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta obra non me gustou moito por varias razóns; primeiro, o uso inadecuado da lingua galega e a falta de boa revisión en canto aos fallos que puideran ter as actrices. Ademais, o tema da obra pareceume aburrido aínda que hei de recoñecer que o traballo das actrices foi moi bo, pero quizais necesitarían un mellor guión e unha mellor preparación.

-Raichu

Anónimo dixo...

A obra non me gustou moito porque era un pouco rara.Nótase a falta de ensaio que teñen as actrices,está un pouco mal gravado e por iso moitas veces non se entende o que dín,a tradución tampouco é moi bo.Tiña algúns momentos de gracia,pero polo demáis pareceume unha obra aburrida.

-Vivi.

Anónimo dixo...

Pareceume unha obra interesante xa que, ao comezo, un podería pensar que o tema do vídeo sería serio pero resulta ser unha versión cómica da situación. O esforzo apréciase pero a execución podería estar mellor. Para o tempo que lles levou facer a obra terían que ter preparado o guión mellor, xa que se notaba que quen o traduciu non emprega o galego a miúdo. Como obra para presentar no Día das Letras Galegas está moi ben xa que mostra que o galego non só se atopa nos libros senón que trascende á comedia.

-TeamMax

Anónimo dixo...

A interpretación das miñas compañeiras foi moi diferente entre elas. Ainoa fixo un bo labor. Púxolle moita énfase. Sen embargo, Erea e Lorrhana destacaron por todo o contrario. Parecían vacías, inexistentes. Moitas veces dubidaban demasiado en que ían dicir a continuación. Probablemente fora polos nervios de ser vistas minuciosamente no futuro, pero a realidade é que a súa actuación non foi especialmente destacable. Ademais, o ton de voz de Lorrhana, tan seco e grave, quitáballe emoción e dinamismo á obra. As outras dúas notábanse excesivamente sobreactuadas.
A pesar de todo, require moito traballo improvisar e facer un algo tan decente. Por iso, doulle ao videoteatro un 5.

-TeamKatya

Anónimo dixo...

A min a obra, non me gustou, xa que era bastante aburrida, ademais, aínda que os fondos monetarios non eran moitos, por non dicir ningún, onde se representou a obra, non parecía nada do que nos querían transmitir do lugar, parecíame máis unha habitacion para locos, máis cunha xoiaria.
O galego, á hora de falar, tiña cousas graves que dicían, que ata eu recoñecín que estaban mal.
As actrices, notábase que non tiñas o papel ben preparedo, notabase a sobreactuación delas, e sobre todo, pola compañeira que facía de cliente, facíao terriblemente mal.
Tamén os cambios de luz tan bruscos eran terribles, xa que a brusquedade que tiñan eses cambios eran demasiado fortes para a vista, sobre todo, os planos principais de Ainoa. O sonido era bastante malo tamén, xa que había algo que facía que se escoitase horrible, xa que non foi un sonido nitido.


-Bambi.

Anónimo dixo...

A obra resultou ser un desastre xa que o son non é nítido, os primeiros planos fanse a destempo e algunhas veces resultan innecesarios. A pesar disto as actrices realizan un gran traballo cos seus papeis, aínda que quizais con maís horas de ensaio sairíalles con moita máis naturalidade.
Deséxolles moita sorte na próxima representación.

-Ogei

Onai dixo...

Esta experiencia pareceume interesante e divertida, aínda que saín un pouco desgusatada porque tivemos diversos problemas como o contraluz, ás presas do final ou as clases que perdemos que despois tivemos que recuperar aparte.


Anónimo dixo...

A obra de tratro non me gustou nada, pricipalmente,a cámara conque se gravou foi moi mala, os planos son malos, non se lle vía a cara ás actrices xa que a luz dáballes na esplada,o son non era para nada nítido, os díalogos son moi malos. Unha traducción do texto desastrosa.Por otra parte a min as actrices parecianme malas, non se lles vía entusiasmo e parecían árbores aínda que para só haber preparado o traballo nuns días estaba ben.
-Solrac