luns, 22 de novembro de 2010

Campo semántico de PARTIR

Aí van verbos que teñen en común parte do seu significado 'fragmentar'.
Unha boa idea é xuntalos por sinónimos, outra é empatalos cos materiais adecuados, outra é procurar substantivos relacionados que compartan o lexema.

PARTIR, ESCACHAR, ESNAQUIZAR, FRAGMENTAR, ESFARELAR, ESGAZAR, ESFIAÑAR, RACHAR, ROMPER, TALLAR, TORAR, ESMAGAR, ESCACHIZAR, CREBAR, LAÑAR, PULVERIZAR, CORTAR, FENDER, FRACTURAR, QUEBRAR, ABRIR, BRITAR, REBENTAR, ESCACHARRAR, ESTRAGAR, ESFOLAR, FANAR, FANICAR, REBANAR, RECORTAR, PELAR, TRADEAR, AGRETAR, ESFRANGULLAR, ESMIGALLAR, RELAR, MOER, DESINTEGRAR...buf!!!

luns, 15 de novembro de 2010

venres, 12 de novembro de 2010

Os vellos non deben namorar

CUESTIONARIO

1. Onde se explica o título da obra?

2. Que función ten o epílogo?

3. Que é das mozas unha vez que morren os vellos?

4. Como se enteiran os vellos do ramate de cada historia?

5. O estatus social dos vellos está graduado, poderías ordenalo de maior a menor?

6. Como se reflicte a importancia social de cada vello no tratamento que se lles dá?

7. Responden as tres mozas igual ás peticións dos vellos?

8. Como reaccionan os mozos das rapazas cando se enteiran das pretensións dos vellos?

9. Como aparece representada a morte en cada lance?

10. Como morre cada vello?

11. Que tradicións populares aparecen representadas na obra?

12. Que outras artes concorren nesta obra a parte da literatura?

13. O estilo de Castelao está marcado polo uso sistemático de PARALELISMO, CONTRASTE E HUMOR, saberías explicar en que consisten?

14. O autor fala desta obra dicindo que é unha FARSA, sabes o que é?

15. VOCABULARIO:


 a mantenta
a moreas
abofé
aborrecer
abranguer
 abrollos
acougar
acugulado
adormentar
 aferrón
agoiro
aguilloar
alancar
albiscar
alentar
alporizar
andrómenas
 apreixar
 arrieiro
arrieiro
arró
asañado
asisado
asubiar
atallo
atordoar
azo
baldado
 baldreu
bambearse
 brincos
 cangar
carcamán
carozo
carraxe
carrizo
casulo
caveira
 celme
 celme
chambra
choqueiros
chuchar
chumbo
coutar
creto
 debruzar
derradeiro
doenza
embrullado
empurrar
engado
engaiola
 esfregar
espelido
 espellar
espiñar
estarricado
feitizo
folgos
gandulo
 leira
 lentura,
lenzo
 liño
lupanda
mágoa
 malandro
malpocado
mirrada
 nugallán
palique
panarra
panxoliñas
papaleisón
 parafuseira
parrumeira
pulo
 rañar
raposo
 raxeira
 raxeira
resolio
rexouba
rexoubar
rosmar
 rular
sandar
 sarao
sieiro
 solaina
solimán
tanxer ( os sinos)
valado
xarope
xergón