venres, 12 de novembro de 2010

Os vellos non deben namorar

CUESTIONARIO

1. Onde se explica o título da obra?

2. Que función ten o epílogo?

3. Que é das mozas unha vez que morren os vellos?

4. Como se enteiran os vellos do ramate de cada historia?

5. O estatus social dos vellos está graduado, poderías ordenalo de maior a menor?

6. Como se reflicte a importancia social de cada vello no tratamento que se lles dá?

7. Responden as tres mozas igual ás peticións dos vellos?

8. Como reaccionan os mozos das rapazas cando se enteiran das pretensións dos vellos?

9. Como aparece representada a morte en cada lance?

10. Como morre cada vello?

11. Que tradicións populares aparecen representadas na obra?

12. Que outras artes concorren nesta obra a parte da literatura?

13. O estilo de Castelao está marcado polo uso sistemático de PARALELISMO, CONTRASTE E HUMOR, saberías explicar en que consisten?

14. O autor fala desta obra dicindo que é unha FARSA, sabes o que é?

15. VOCABULARIO:


 a mantenta
a moreas
abofé
aborrecer
abranguer
 abrollos
acougar
acugulado
adormentar
 aferrón
agoiro
aguilloar
alancar
albiscar
alentar
alporizar
andrómenas
 apreixar
 arrieiro
arrieiro
arró
asañado
asisado
asubiar
atallo
atordoar
azo
baldado
 baldreu
bambearse
 brincos
 cangar
carcamán
carozo
carraxe
carrizo
casulo
caveira
 celme
 celme
chambra
choqueiros
chuchar
chumbo
coutar
creto
 debruzar
derradeiro
doenza
embrullado
empurrar
engado
engaiola
 esfregar
espelido
 espellar
espiñar
estarricado
feitizo
folgos
gandulo
 leira
 lentura,
lenzo
 liño
lupanda
mágoa
 malandro
malpocado
mirrada
 nugallán
palique
panarra
panxoliñas
papaleisón
 parafuseira
parrumeira
pulo
 rañar
raposo
 raxeira
 raxeira
resolio
rexouba
rexoubar
rosmar
 rular
sandar
 sarao
sieiro
 solaina
solimán
tanxer ( os sinos)
valado
xarope
xergón

3 comentarios:

carallocorou dixo...

CÓCTEL CON LÉXICO DE OS VELLOS...

O VELLO NO POBO

Onte ao serán cando marchaban as últimas raiolas veu o sieiro e tiven que saír á solaina, de súpeto vin un vello que ía cangado polo peso que levaba nun coleiro cheo de liño. O vello tomou por un atallo que hai por debaixo da miña casa, debruzouse na ventá da botica e ía entrar porque tiña unha estraña doenza e ía pedir un xarope, pero como está feito un carcamán non entrou e púxose moi nervioso e comezou cos súas andrómenas. Pasou polo seu lado un home e asustouse, apreixou ao vello para que acougase. Logo pasou unha moza que tentou enfeitizalo pero o vello non quedou engaiolado porque cando pasou a moza, sentiu como lle picaba un alferrón.
Máis tarde o vello tiña tanta fame que comeu un carozo, non sabemos de que.
Na noite ao vello deulle por coller unha rosa e espiñouse e entre as silveiras encontrou unha caveira!

BOCHE

Anónimo dixo...

Don Luís, un vello carcamán da vila de Cangas, estaba engaiolado por unha xove moza da vila; a moza traballaba facendo xaropes na botica dun barrio marxinal, o que non impedía que fose recoñecida pola súa eficacia. O vello tiña unha doenza: de pequeno estaba debruzado na varanda da solaina da súa casa cando de repente rompeu, dende aquela o neno quedou cangado e por iso necesitaba un remedio. Aproveitando a ocasión tentou namorar a moza...(continuará)

Anónimo dixo...

...que lle pareceu moi sexi mentres comía aquela mazá, aínda que só lle quedaba o carozo, gustos raros dos vellos...Rapidamente acougou, porque a fin de contas a idade ensina a un a controlarse; empezou a falar con ela, pero a moza non caía, o vello estaba como se lle botasen un feitizo.
Un día de moito sieiro colleu unha abella e meteuna no peto dos pantalóns para que lle espetase o ferrete ou ferrón ou aguillón para poder ver de novo a moza, empezou a doerlle o cú, andaba lento e cando chegou á botica era o serán e non puido ver a moza, púxose moi triste e colleu un atallo ao seu bar favorito; deixándose de andrómenas apreixou a botella de viño, deprimido. Estaba tan borracho que manchou o seu traxe de liño bebendo por fóra, quedou durmido no bar e espertouno a raxeira que entraba por un vello fachinelo; pola mañá sentíase cunha espiña no corazón, tan malo se puxo que morreu de pena e secura. Del hoxe só nos queda a súa caveira.
CENTOLOMAN