venres, 25 de febreiro de 2011

OS TESOUROS VIVOS







O venres, 18 de febreiro, fomos os de 4º ao VERBUM, á casa das palabras, situada na contorna da praia de Samil. A actividade era prometedora: ler libros vivos de boca dos seus protagonistas. Pequenos grupos de 8 ou 10 persoas sentamos arredor dun narrador, case sempre protagonista ou testemuña da historia, que nos contaron as súas experiencias da Guerra Civil, da posguerra, da emigración, do exilio, da sobrevivencia, das maneiras de vivir nun mundo sempre acosado pola miseria...Velaí tendes os 11 libros ofertados:

Levar o mar nos petos

Música clandestina

Na gamela co asasino

Xogar ao cachirote en tempos de estraperlo

Loitando dende fóra a peito descuberto

O tempo dos códigos secretos

Cestas a peseta

Onde o medievo rematou hai trinta anos

Retrato dun xornalista en tempos escuros 1960-2011

Homes de ferro

Seis asasinados: cinco viúvas e vinte orfos

Este é un proxecto internacional que pretende resucitar o valor incalculable da narración oral e da palabra viva. Se queredes saber máis aquí quedan enlaces:

http://humanlibrary.org/living-library-google-map.html

http://pontenasondas.org/index.php

http://www.xandobela.info/bibliotecas






PROPOSTA: cóntanos sobre o libro vivo que visitaches, opina sobre a historia e a maneira que tivo o narrador de contarcha. Dinos se coñeces alguén que poida ter historias vivas para contarnos. Fai unha estimación da actividade.






21 comentarios:

carallocorou dixo...

Uns cantos tivemos a fortuna de escoitar a historia dun home de ferro: Manolo o Largo, que empezou de rapaz a bordo dun barco e foi quen, con tenacidade, esforzo e ilusión de chegar a capitán de pesca de altura. Falounos do dura que era a pesca en Terranova, do sacrificio de criar os fillos sen velos, do amor incondicional polos seus...Hai un documental feito pola TVG sobre Manolo de Bouzas pero aínda non dei con el.
Propoño dar continuidade a esta actividade, interesantísima.

uxia dixo...

HOMES DE FERRO
Gustoume moitísimo. Dende sempre gustoume o mar, e para min vivir preto da costa é unha gran sorte.
As vidas dos mariñeiros son moi sacrificadas por estar varios dias no mar, deixando aos seus seres queridos en terra.
A vida de Manolo foi un camiño de aventuras, pero el viviu a súa paixon,o mar, dende que se decatou que a tiña.
El é de Bouzas, unha zona mariñeira dende sempre, e el criouse con mariñeiros e de alí xurdiu a súa paixón, o mar, as nosas rías, onde temos moito peixe ( antes tíñamos moito máis...), peixe galego.

centoloman dixo...

CESTOS A PESETA
Dende toda a vida os cestos existiron nas nosas vidas, hoxe menos ca noutros tempos, xa que os avances da tecnoloxía están en pleno desenvolvemento.
Noutros temopos o cesto era o maletin, a bandexa, o baúl etc...
Facíanse tanto para transportar peixe dende o porto de Vigo ata Teis ou Lavadores coma para que os obreiros levaran organizadas as súas cousas cunha simple mestura de artesania e bimbio seco.
Na miña experiencia con este "conto vivente" descubrín a historia que teñen os cestos, que non é pouca, aínda que o pareza.
Recoméndolle a calquera que poida que vaia a velo.

Saravasti dixo...

NA GAMELA CO ASASINO

A historia trataba sobre a vida do fillo dun menbro do sindicato de Vigo,contada polo propio fillo,e o asasinato do seu pai durante a época fascista en Galicia.
A el contáranlle coma a moitos outros fillos que o seu pai emigrara a América,pero a verdade era que o seu pai fora asasinado polo dono da fabrica onde traballara.Un día o seu xefe avisaralle dunha maneira un pouco controvertida ``aiai amigo meu´´ dixéralle,nunca pensou que o ian asasinar,unha noite a garda civil entrou pola forza na casa e levouno e non o volveran ver;máis tarde soubose que a garda civil levara presos todas as noites a praia para enterralos e incluso pedira axuda os veciños.

Unha das cousas que nos dixo e que na miña opinion no lle faltaba razón foi:``Non vos conformedes co que vos conten e buscade sempre a verdade;o que verdadeiramente pasara en galicia durante a epoca fascista e que os libros non contan.
Na miña opinión unha historia real co sentimento co que a contou o propio protagonista.Gustoume moito a experiencia,pareceume novidosa e recomendaríaa a calquera que busque a orixinalidade.

Anónimo dixo...

CESTOS A PESETA

Era a historia da vida dun cesteiro contada por el mesmo.Ten unha tenda de cestos no Casco Vello de Vigo na rúa dos cestos,onde antigamente moitos cesteiros tiñan a súa tenda alí e sempre estaba chea de xente que mercaba todo tipo de cestos: de campo,de mesa,de pesca...Gustoume moito
esa historia porque encántame pasar por esa rúa,sobre todo, o día da Reconquista porque reunense todos os cesteiros, arrecende a vimbio e está cheo de cestos: grandes,pequenos,da cor do vimbio e de cor amarronada conseguida por medio da coción do vimbio coa pel que fai que teña esa cor e ese arrecendo tan bonito.

ivo dixo...

XOGANDO CO CACHIROTE EN TEMPOS DO ESTRAPERLO

Foi unha señora moi simpática que nos contou cousas sobre a época na que ela era unha nena. Explicounos que era o cachirote, que era un xogo parecido ás agachadas, o que xogaban cando era pequena. Despois contounos cousas sobre o estraperlo. Como as mulleres traian a Galiza dende Portugal cousas agachadas nos refaisos das saias. Tamén contou como as leiteiras traían o leite nos tranvias dende Bembribe e distribuiano por tódalas vilas. Falounos dunha cartilla con cupons que tiñan que canxear por comida.
Foi un conto moi interesante e bastante ameno. A señora era simpática e contounos moitas cousas interesantes.

saboroso dixo...

Levar o mar nos petos:
contounos como cando era neno montou o seu propio falucho e se botaba o mar para que a sua nai o venera no Berbés.

Parrula dixo...

MUSICA CLANDESTINA
Manolo Solla era un profesor de música que tocaba a gaita de xoven.Contounos que cando era cativo mentras non soubese tocala ben o seu pai botábao da casa, pero cando aprendeu xa lle daba igual.Tocou en dúas bandas cando era mozo,e viaxou por moitos lugares.Acabou traballando nunha escola como mestre.
Tocounos un pouco a frauta e o punteiro e díxonos que nos quería ver algún día cunha gaita tocando nalgunha orquestra.

Felps dixo...

SEIS ASASINADOS CINCO VIUVAS E VINTE ORFOS
Trata sobre un neno que mataron o seu pai a cinco amigos mais , deixara viuva a cinco mulleres e os seus curmans e irmans quedaron orfos

gabo dixo...

HOMES DE FERRO:
e un neno que lle gustou o mar, empezou a traballar como aplendid nun barco, cobrando so un plato de comida. Cando foi a Terranova el e os seus compañeiros tiñan que soportar condicións moi duras. O seu soño era subir de chanzos ata chegar a capitan, pero para eso tiña que estudar, cousa que non se podia permitir, por iso un amigo del lle deixaba os seus apuntes, e el estudava no seu tempo libre. Cando reuniu o diñeiro suficiente presentouse a un exame e o aplobou, e conseguiu ser capitan con 19 anos. Cando estaba ao mando dun varco, el valoraba moito o traballo dos mariñeiros, xa que tamen pasaban largo tempo se ver as suas familias.

Sponge Bob dixo...

Libro 3.
RETRATO DUN XORNALISTA EN TEMPOS ESCUROS.
O libro vivinte trataba o tema de como nos tempos escuros de Galicia había moitos xornalistas que aínda que tiveron que fuxir e refuxiarse, seguiron a facer artículos.Tamén comentou a importancia de que neses días había moitas discusións sobre a liberdade de expresión, e que o estado deixaba publicar o que eles querían para que o pobo seguese na ignorancia.

Libro 6.
LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO.
O señor contaba a historia con moita ilusión, como se estivese moi orgulloso do tema, xa que era o tema de que aínda que houbo moitas emigracións, case todos os emigrantes seguían a loitar pola terra epola súa cultura.Falou das emigración a Europa e a América.

Libro 9.
NA GAMELA CO ASASINO.
A historia trataba de como viviu un home o tempo do golpe de estado en Galicia, e tamen a tráxica etapa posterior.Dinos como cando tiña 3 anos apareceron pola porta e levaron o seu pai que era un sindicalista, e apereceu morto á mañá seguinte nunha cuneta como tantos outros nesa época.Asegúranos que se esta a ocultar o que realmente pasou, xa que foi un verdadeiro xenocidio.

saboroso dixo...

Xogando o cachirote en tempos de estraperlo:
Trata de como os nenos tiñan que apañarse naquel tempo de escuridade inventando xogos para pasar o tempo, xa que non había moito que facer, e de como as leiteiras de doutras localidades da provincia viñan no tranvía a Vigo vender os seus productos.
Este relato gustoume pola gran creatividade que amosaban estes nenos.

POCOYO dixo...

NA GAMELA CO ASASINO
Un neno de tres anos presenza xunto cos seus oito irmáns e coa súa nai como os policias levan ó seu pai, que se metera nos sindicatos de Bouzas ao ver que non tiña comida para darlle á súa familia, impotente.

Ao día seguinte atoparon, xunto con dous corpos máis o do pai do neno.

E el recordou cando o seu pai contou nacasa que un dos membros do sindicato deulle dúas palmadas na espalda e díxolle: Monroi, Monroi... Isto tomouno coma unha ameaza.

Uns anos depois, cando Antonio Monroi xa tiña dez anos, foi un día de pesca. Foron el e un neno máis remando e o señor ao que levaban non lle quitaba a mirada de enriba a Antonio. Ao ter moito parecido co seu pai o señor deuse conta de quen era aquel neno e preguntoulle o nome ó rapaz. Certamente era el, pedíulle ó outro rapaz que dera a volta. Non soportaba estar pescando con fillo do home que matara.

Antonio tardou moito tempo en darse conta do que pasara na gamela.

inr69 dixo...

NA GAMELA CO ASASINO
O autor cóntanos a historia cando era cativo e España estaba envolta na guerra civil española,onde en Galicia houbo un xenocidio despoies de que morreran doce mil perosas,algo con que a poboacion que habia neses tempos era unha alta mortandade.E cóntanos o que lle pasou á súa familia,que cando tiña tres anos foron uns homes buscar ó seu pai, ao día seguinte apareceu o seu pai e dous compañeiros seus, mortos nunha cuneta.
Foi a historia que máis me gustou e a que máis me chamou a atencion pola boa historia que contou.

boche dixo...

SEIS ASESINADOS: CINCO VIÚVAS E VINTE ORFOS

Este libro pareceume moi interesante porque conta a historia que lle pasou a moita xente onde mataron algúns dos seus familiares e non se soubo nada deles ata moito tempo despois. Matáronos porque eran dos malos e estaban en contra do franquismo. A persoa que contou esta historia é unha víctima desta historia porque lle mataron o seu pai por ser roxo.
Eu creo que estaría moi ben que houbese máis xente que contase historias deste tipo.



LOITANDO DENDE FORA A PEITO DESCUBERTO

Este libro vivo gustoume moito porque fala de cando moitos galegos tiveron que marchar para outros países e seguiron pensando e utilizando a súa cultura dende fora, sen esquecela.


XOGANDO AO CACHIROTE EN TEMPO DE ESTRAPERLO

Este libro vivo foi contado por unha muller que viviu esta historia. Máis que nada contou a historia de vigo e as festas tradicionais que se fan agora. Dixo que a cidade de vigo estaba toda amurallada e que dende a porta central da muralla, entraron os franceses. Explicou que o cachirote era un xogo tradicional que consistía en coller unha lata e facer un grupo, como xogar ás agachadas. Un dáballe unha patada á lata e o que quedaba tiña que ir buscala e pola no sitio e cando xa estaba colocada outro rapaz podíalle dar outra patada e o que quedaba tiña que volver buscala. No estraperlo traficábase con café sobre todo. Este libro foi o que menos me gustou porque no falaba de cousas importantes.

inr69 dixo...

LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO
O autor fálanos da gran emigración que houbo en Galicia durante a guerra civil española onde moitas persoas marcharon a Sudamérica.
Boa historia,aínda que o autor estivo unha parte preguntandonos cousas e quedei pouco coa historia.

mike dixo...

O TEMPO DOS CÓDIGOS SECRETOS

Este libro trata sobre como a familia de dúas primas sufriu a querra civil, contáronnos como o seu pai tiña que agocharse nun armario encastrado cuberto por outro armario para que non o collesen e matasen, e tamén como un dos irmáns dunha das primas salvouse de ser fusilado por ser cubano.
Este libro foi interesante xa que contaron todo o que tiñan que facer polas noites para que non colleran o seu pai.

MÚSICA CLANDESTINA

Este libro trata sobre como Manuel tiña que ir ao monte tocar a gaita porque se tocaba na casa o pai pegáballe; co paso do tempo aprendeu a tocar a gaita e despois comezou a dar clases a nenos ata agora.
O libro foi divertido xa que o home facía que a historia fose amena ademais de que era simpático.

LEVAR O MAR NOS PETOS

Este libro trata con que barcos gañou Mariano durante anos competicións de maquetas de barcos de pesca e sobre métodos de pesca e caracteristicas de distintos barcos que tiña en maquetas no lugar.

Felps dixo...

NA GAMELA CO ASASINO.
Este historia foi a que máis me gustou das tres e máis me achegou o sentimento que tivera o narrador.
Trata sobre un neno que cando era un neno de só tres anos mataron ao seu pai por ter diferente forma de pensar cos seus nove irmans a sua curman máis nova e el tiveron que marchar a Lugo coa súa tia, uns anos máis tarde volveu a casa da súa nai. Un día un amigo seu dixolle que lle axudase a levar ao señor que matara ao seu pai, ainda que el non sabia, cando xa estaban lonxe da costa o home preguntoulle como se chamaba, e díxolle, chámome Antonio Mon Roe, o home o decatarse de que ese era o fillo do home que matara non soportou a presión e díxolle os mozos que o volvesen levar a terra, e marchou á súa casa sen pescar.

nada negro dixo...

Libro 3.
RETRATO DUN XORNALISTA EN TEMPOS ESCUROS.
Un home falou do difícil que era ser xornalista nese tempo e de como pecharon un xornal por pensar que ao falar doutro, en realidade, falaban de Franco.
O Xornalista tamen falou de que nese tempo había algúns periódicos que vendían billetes para Ámerica o Asia, para algúns paises sen dicir no seu periódico os problemas que había neles.
Libro 5.
O TEMPO DOS CÓDIGOS SECRETOS.
Unha muller fala de como cando era xove, algunhas tiñan que agocharse senón as mataban e como algunhas persoas sacaban comida doutro paises para alí, subornando aos gardas das fronteiras para que lles deixase pasar e que saíndo aínda caras as cousas, pagaba a pena compralas, xa que non has había.
Logo, a muller falou de como un familiar o colleron no "centro" dos Republicanos e que o soltaron por ser cubano.

Felps dixo...

LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO.
Contounos como era a vida nesa época. Moita xente emigraba a outros países para non estar preto de aiquí, toda a xente que mataron.
Tamén nos contou que as mulleres estaban moi discriminadas nesa época e apenas podían tomar as súas propias decisions.
Trata sobre máis cousas pero están relacionadas co que dixen xa e non me parece mala historia.

pimpim dixo...

MÚSICA CLANDESTINA

Este libro narra a historia dun neno que non podía practicar a súa mellor afección: tocala gaita. Tiña que escapar ao monte para tocala sen ter que rifar co seu pai. Pero cando foi maior o seu pai aceptou porque tocaba moi ben