venres, 4 de febreiro de 2011

SOÑO VERDE


Caio nun soño profundo...
Aterrizo nunha rúa con edificios moi altos de cor tella. A beirarrúa ten as dimensións dunha pista de atletismo.
Vou camiñando tranquilamente cos meus pais e o meu irmán cando albisco un ser estraño de cor verde, vestido de cor morada, que nos persegue.
Bótome a correr, aviso aos meus pais e irmáns que escapen, pero non me fan caso.
No momento en que o estraño ser me trinca coas súas mans, todo se volve de cor negra.
Volvo, de súpeto, á realidade.
Idea soñada por....POCOYO

2 comentarios:

carallocorou dixo...

Estupenda esa beirarrúa con dimensións olímpicas, Pocoyo. O homiño verde con traxe morada debía estar parrandeiro de vez. Teño que fixarme a ver se dou eu con algún que se poña interesante

Uxía dixo...

GUAU! Impresiona conda o rematas de leer, tes moi boas cualidades para expresar sentimentos no escrita.