venres, 19 de febreiro de 2010

poema en imaxes 4

9 comentarios:

carallocorou dixo...

Encántame a ecolla do texto para traballar con el. Trátase dun poemiña en verso libre de Manuel Rivas incluído no libro Costa da morte blues. Nel falan unha maceira, un galo, o pobo e o demo. Multiplicidade de puntos de vista que coinciden nun punto:o cansazo. O único con ganas de marcha é o demo que ten moito traballo que facer aínda no mundo.
A selección de imaxes está ben, pero a calidade non é moi boa, traballaches cun formato moi pequeno. A letra da canción vai ben co título mais ao texto creo que lle cumpría unha banda sonora máis metálica. Saúdos.

Anónimo dixo...

A elección das fotos están acordes ó texto, pero eu elixiría outra melodia de fondo, unha pista ou unha banda sonora, pero sen cantante porque distrae a atención do poema: Tamén penso que habería que aumentar a letra do poema, porque é o importante do video.
Cervantes

Anónimo dixo...

A música gustoúme pero non teño nin idea de que trata o poema.
Inconformista.

Anónimo dixo...

Paréceme que o vídeo esta moi ben feito e traballado, mais a canción non me gusta moito como queda co poema, posto que o feito de ter letra interfire na lectura.
Salea

Anónimo dixo...

Paréceme un poema alegre e que a música lle vai ben.
Aínda que eu non entendín moi ben o poema, coa música dá a impresión de ser un poema de esperanza, e creo que as imaxes e a música adecúanse ben ó contido.
Duende

Anónimo dixo...

O video gustoume. O poema trata dos desexos dunha serie de animais, un pobo, o demo.. A música é apropiada porque ten relacion co título e dalle vida o poema

lúa

Anónimo dixo...

o poema non me interesou moito posto que tiven que le_lo téxto e coa canción de fondo noutro código fíxenme un lío.




BNhoGZ

Anónimo dixo...

Este vídeo ten unha música que é moi adecuada para o título do poema.As imaxes son moi boas e todo está ben,menos a letra do poema, que é bastante pequena.


Lusekelo

Gallaecia dixo...

Gústame a brevedade do poema e a canción, paréceme moi apropiada, as imaxes tamén son as ideais para o poema.