Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
Encántame a ecolla do texto para traballar con el. Trátase dun poemiña en verso libre de Manuel Rivas incluído no libro Costa da morte blues. Nel falan unha maceira, un galo, o pobo e o demo. Multiplicidade de puntos de vista que coinciden nun punto:o cansazo. O único con ganas de marcha é o demo que ten moito traballo que facer aínda no mundo. A selección de imaxes está ben, pero a calidade non é moi boa, traballaches cun formato moi pequeno. A letra da canción vai ben co título mais ao texto creo que lle cumpría unha banda sonora máis metálica. Saúdos.
A elección das fotos están acordes ó texto, pero eu elixiría outra melodia de fondo, unha pista ou unha banda sonora, pero sen cantante porque distrae a atención do poema: Tamén penso que habería que aumentar a letra do poema, porque é o importante do video. Cervantes
Paréceme que o vídeo esta moi ben feito e traballado, mais a canción non me gusta moito como queda co poema, posto que o feito de ter letra interfire na lectura. Salea
Paréceme un poema alegre e que a música lle vai ben. Aínda que eu non entendín moi ben o poema, coa música dá a impresión de ser un poema de esperanza, e creo que as imaxes e a música adecúanse ben ó contido. Duende
O video gustoume. O poema trata dos desexos dunha serie de animais, un pobo, o demo.. A música é apropiada porque ten relacion co título e dalle vida o poema
Este vídeo ten unha música que é moi adecuada para o título do poema.As imaxes son moi boas e todo está ben,menos a letra do poema, que é bastante pequena.
9 comentarios:
Encántame a ecolla do texto para traballar con el. Trátase dun poemiña en verso libre de Manuel Rivas incluído no libro Costa da morte blues. Nel falan unha maceira, un galo, o pobo e o demo. Multiplicidade de puntos de vista que coinciden nun punto:o cansazo. O único con ganas de marcha é o demo que ten moito traballo que facer aínda no mundo.
A selección de imaxes está ben, pero a calidade non é moi boa, traballaches cun formato moi pequeno. A letra da canción vai ben co título mais ao texto creo que lle cumpría unha banda sonora máis metálica. Saúdos.
A elección das fotos están acordes ó texto, pero eu elixiría outra melodia de fondo, unha pista ou unha banda sonora, pero sen cantante porque distrae a atención do poema: Tamén penso que habería que aumentar a letra do poema, porque é o importante do video.
Cervantes
A música gustoúme pero non teño nin idea de que trata o poema.
Inconformista.
Paréceme que o vídeo esta moi ben feito e traballado, mais a canción non me gusta moito como queda co poema, posto que o feito de ter letra interfire na lectura.
Salea
Paréceme un poema alegre e que a música lle vai ben.
Aínda que eu non entendín moi ben o poema, coa música dá a impresión de ser un poema de esperanza, e creo que as imaxes e a música adecúanse ben ó contido.
Duende
O video gustoume. O poema trata dos desexos dunha serie de animais, un pobo, o demo.. A música é apropiada porque ten relacion co título e dalle vida o poema
lúa
o poema non me interesou moito posto que tiven que le_lo téxto e coa canción de fondo noutro código fíxenme un lío.
BNhoGZ
Este vídeo ten unha música que é moi adecuada para o título do poema.As imaxes son moi boas e todo está ben,menos a letra do poema, que é bastante pequena.
Lusekelo
Gústame a brevedade do poema e a canción, paréceme moi apropiada, as imaxes tamén son as ideais para o poema.
Publicar un comentario