Miña nai mandoume ir facer a compra, díxome que fose a por medio kilo de narís de paiasos, dous ladrillos con abelás, e grans de arena para rebozar os filetes; tamén me dixera que collera catro balóns laranxas para o almorzo do día seguinte. Cando fun pagar algo chamou a miña atención, a caixeira tiña unhas perlas que brillaban cando sorría.
TMT
Estaba na praia camiñando,
mentres
a area de veludo
aloumiñaba
os meus pés.
Escoitando
as ondas romper
como
se estivesen a murmurar
a
letra dunha canción,
e
vendo como o algodón do ceo
se
ía afastando do sol.
SIDNEI
Estaba
eu no meu cuarto, cando soou unha música que me indicaba que había
alguén esperando que abrise a porta. Cando abrín, unha mancha negra
que logo enchería a miña vida de cor asomaba a súa cabeciña por
debaixo dunha manta.
En
canto o metín no meu salón, comenzou a saltar. Parecía feliz no
que sería o seu novo fogar.
ZAIRA
Cando cheguei ao medio e medio do escenario, decateime de que non ía ser capaz. O ameazante ruído da xente era coma unha tormenta. Tiña medo. Que digo medo? Pánico, puro pánico. Estabamos sós: un micro, 10.000 persoas e mais eu, e o seu ruído eran fortes trebóns. Malditos sexan todos os que me dixeron que nacín para isto. Maldito sexa eu por confiar na súa palabra. Tentei falar, pero non saía nin un fío de voz da miña gorxa. Definitivamente, non era capaz: a miña vista anubrouse, e a tormenta cesou.
COLLEL
A
miña viaxe a Canadá comezou no aeroporto. Este lugar é como un
niño de aves migratorias que voan a diferentes lugares. Ou como un
formigueiro, cheo de formigas que saen para buscar o mellor
para elas.
Xa
dentro do paxaro, Canadá paréceme un lenzo de cor verde salferido
dun sucre moi branco e denso que lle dá un aspecto navideño.
No chan, pódese ver un labirinto de columnas que se elevan
cara o ceo sen final algún. Ten moita vida o lugar: o rei do bosque
coa súa enorme coroa acompañado polos súas compañeiras e paxaros
sen plumas que voan de árbore en árbore.
Pola
noite a aurora boreal lévate a creer que os espíritos do bosque e
dos nosos antespasados e familiares seguen connosco e sopran o vento
frío para que te axude nos momentos difíciles.
ANTONTEIS
O
neno saíu dar unha volta, ía unha calor infernal e
decidiu ir a unha xeladaría. Comprou un facho con chama branca e ao
saborealo sentiu unha sensación fría coma o inverno.
AP9
Estaba
saÍndo da casa, caían chuzos e tiven que coller un paraugas. A
medida que ía acercándome ao meu destino a chuvia convertíase en
puntas que se cravaban na miña pel. Xa terminando a tarde, a
escuma gris do ceo volveuse aínda máis negra.
AAL
Onte
fun como un caracol á panadería comprar a mellor torta de Santiago,
atopeina e semellaba un campo cuberto de
neve, e no medio unha arbore caida.
GR2
As
ventás das casas son coma os ollos das persoas,
observan
pero non din nada.
As
ventás son ollos tranquilos ,miran as persoas caminando,correndo…
pero
non se moven.
Os
ollos das casas ven pasar o tempo facendo sempre o mesmo ,
ollando
o mundo.
C8
A
folla que aboiaba polo suspiro da terra.
O fume que se alzaba polo ruxido da fogueira.
A auga que berraba ao caer da fervenza.
O todo que exhalaba ao converterse en nada.
A vida que murmuraba por culpa da morte.
O fume que se alzaba polo ruxido da fogueira.
A auga que berraba ao caer da fervenza.
O todo que exhalaba ao converterse en nada.
A vida que murmuraba por culpa da morte.
?
Onte
durmín como un bebé, abrazada ao meu peluche, o que me rouba un
sorriso cada vez que o vexo.
Ata
que apareceu o día resoando a campá.
AP7
Hai
días nos que os días paran. Días nos que podes atopar instantes
fermosos coma xemas, xemas fermosas coma persoas e persoas que fan os
máis fermosos instantes.
Eu
coñecín a xema da miña vida, nun día no que o tempo morreu e
naceu. Nun día no que o ceo decidiu rir e chorar.
Eu
coñecín o brillo das alfaias. O fulgor das risas, dos soños e das
bágoas. Todo iso o atopei nunha persoa.
No
mesmo día que deixei de soñar que vivía, para vivir na procura de
qué soñar.
PEPA
Os
meus ollos son pequenas fiestras que abren ó mencer e pechan ó
solpor, como o nacemento e a morte de cada día. Móllanse as miñas
fiestras os días os días de tristeza.
MALDIVAS
Onte
lin no xonal que está noite ía nevar , así que cando
espertei vestinme coma un raio e saín á estrada.
Todo
estaba cuberto por azucar glas e non podía parar de mirar ao meu
redor , era unha paixase tan bonita e tan branca... pero a miña
vista centrouse neses ollos azuis mar do meu veciño que estaba tan
alegre coma min por poder ver esa paixase.
C21
Era
unha mañá coma outra calquera, fun ao supermercado facer a
compra, cando fun a un pasigo coller a comida notei como as lámpadas
do teito brillaban coma o lume de san Xoan. Logo fun á
carniceria e atopeime cuns asasinos cortando a carne do porco, saín
alporizado e agocheime nunha tenda onde vendian peles de animais
expostas, todas de diferente forma e cores e tamaños.
BURBIA
Ía
a nena camiñando pola praia descalza, os finos grans da fariña
metíanselle entre as dedas de boneca, e as nubes tapabn o Sol que
brillaba máis que o sorriso máis branco do mundo, máis que a
escuma dos linces mariños.
MES
ELA:
Os seus cabelos son ouro, os seus ollos coma soles e
cando dorme eclípsans; os seus beizos son como doces nubes. É
fraxil coma un cristal, tenra como un bebé e bonita coma un
diamante.
CHAMPÚ
Cheguei
a esa caixiña de pedra e metinme no sobre, no meu pequeno sobre, xa
era case media noite e podíanse observar as faíscas escintilando
pola xanela, quedei deitado comendo teito e soñando na miña nube.
Case escoitaba eses monstros que se alimentan do vento do mar e que
batían coa forza dos mariñeiros cando van pescar suando coma
testemuñas falsas no inferno do verán.
GALIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario