venres, 18 de xuño de 2010

Paranoia dixital



Este vídeo xa o vimos en pantalla grande na Biblioteca. Todos-as fixestes un comentario en soporte papel que entreguei correxido. Podedes verquer eses comentarios aquí ou actualizalos. O vídeo serve de enlace con flocos.tv, onde poderedes atopar a mellor oferta de audiovisuais feitos en Galicia.

xoves, 17 de xuño de 2010

Un himno para Nunca Máis



Atopei este enlace nos comentarios de vídeos anteriores e creo que merece un sitio máis visible no blog. Nótase xa unha certa desenvoltura á hora de montar os traballos videográficos, iso ponme moi contenta. O tema do vídeo fala por si só. Nunca o esquecemos, a historia estase repetindo a cotío nalgún lugar do noso pequeno planeta e cómpre seguir berrando en todas as cores para que isto non se nos poña negro de todo. A música de Luar na Lubre e a voz profunda de Rosa Cedrón son impecables. E a letra, de quen é? Hai que investigar