xoves, 17 de xuño de 2010

Un himno para Nunca Máis



Atopei este enlace nos comentarios de vídeos anteriores e creo que merece un sitio máis visible no blog. Nótase xa unha certa desenvoltura á hora de montar os traballos videográficos, iso ponme moi contenta. O tema do vídeo fala por si só. Nunca o esquecemos, a historia estase repetindo a cotío nalgún lugar do noso pequeno planeta e cómpre seguir berrando en todas as cores para que isto non se nos poña negro de todo. A música de Luar na Lubre e a voz profunda de Rosa Cedrón son impecables. E a letra, de quen é? Hai que investigar

1 comentario:

carallocorou dixo...

Magnífico, BNhoGZ. Aprendes rápido e es moi creativo. Utiliza esas cualidades sempre que teñas oportunidade.