venres, 4 de febreiro de 2011

SOÑO ESCULTÓRICO


Onte tiven un soño. Un soño bo, un soño san.
Ía eu pola praia de Rodas nun día soleado e cunha brisiña refrescante.
Sen decatarme derrubei un dos castelos que construíran os nenos.
Tranquiliceinos poñéndome a facer con eles unha gran barca na area.
Puxémoslle asentos, un motor na popa, unha boa quilla, etc
Cando estabamos rematando os últimos detalles, veu un vello e, despois de admirar a obra, asegurou que era a cousa máis fermosa que vira en moitos anos.
Ofertoume traballar no seu obradoiro.
Na seguinte imaxe do meu soño eu esculpía un hotel de xeo.
Terei dotes de escultor?
Texto aportado por...DCC

1 comentario:

angola dixo...

Este é o que se pode chamar un auténtico soño escultórico, DDC. Deberías indagar no significado do soño, se cadra hai unha vocación querendo emerxer.