venres, 4 de febreiro de 2011

CHUVIA COLORIDA


Estou no centro da cidade. Miro o céo e vexo todo tinguido dunha cor verde moi chamativa.
Pola estrada corren todo tipo de animais de todas as cores do arco da vella.
Empeza a chover, abro o meu paraugas.
Decátome que o que está caendo non son as habituais pingas de auga senón confeti de cores que veñen caendo lentamente das nubes vermellas.
Refúxiome da estraña chuvia nun portal e, de repente, saen del todos e cada un dos compoñentes dunha familia de coellos. Son da miña estatura e van vestidos de maneira moi elegante.
No momento en que un deles vira a cabeza para falarme...esperto!
Texto aportado por...CAIOU

3 comentarios:

tirarrollas dixo...

Eses coelliños xigantes semellan recén saídos do País de Marabillas de Alicia, que se infiltraron sen querer en Galicia.
Un soño moi ameno, Caiou.

CARIOCA dixo...

Parece un soño destes como o conto de Alicia no país das marabillas, moi inxenioso.

UXÍA dixo...

CARIOCA=son Uxía (o de ariiba)