luns, 3 de xuño de 2013

A narrativa oral: Xogando con pantasmas




Contáronme hai tempo unha historia terrible. Era un rapaz de aldea que sempre xogaba cos seus amigos ás agachadas pola noite no verán. O pobre do rapaz morreu xusto antes de dar comezo o verán do 2013. A familia ficou moi doida, igual que os seus compañeiros de xogos.

Por un tempo, os rapaces da aldea estiveron sen xogar como sinal de loito polo compañeiro perdido. Pero un bo día decidiron continuar coa súa vida, os rapaces teñen que xogar, sabes?
A un deles tocoulle apandar e mentres el contaba os outros agachábanse nos sitios máis insospeitados. Por exemplo dentro dunha coviña que case ninguén coñecía. Quen deu con ela, xa notou algo raro ao entrar, pero non lle deu importancia e púxose a atender o xogo. Pero oiu unha voz dentro da cova, era a voz do amigo morto.

Saiu correndo e púxose a berra coma un tolo para avisar aos demais. Os outros pensaron que toleara de verdade e dicíanlle que se deixase de inventos a propósito do defunto. E non tardaron en oír tamén unha voz que berraba dende dentro da cova: Rapaces!!!!!

Era a voz do defuntiño, non daban creto. Ti que pensarías?

- Boteivos de menos todo este tempo, xa pensei que non volviades xogar máis. Agardeivos aquí todo este tempo.....


Non podían velo pero escoitaban a súa voz coa mesma claridade que cando estaba vivo.


De entre as xestas saiu a pantasma do rapaz e os outros quedaron abraiados.

Calquera de nós os que estamos aquí oíndo o conto correriamos como nunca. Pero eles  non, eles quedaron a xogar con ela, porque era unha pantasma amiga.


IDEA DE: CABEZÓN







Ningún comentario: