mércores, 16 de novembro de 2011

Huecco y Hana- Remataron as bágoas




O vindeiro 25 de novembro, os de 3º da ESO imos participar nun evento na cidade de Vigo que pretende sementar conciencia sobre a violencia de xénero. Tentaremos con  alumnado dos institutos da cidade facer unha gran cadea humana que chame a atención da xente sobre as múltiples e sofisticadas formas que pode chegar a adquirir a violencia síquica e física sobre a muller na sociedade sexista que herdamos  do pasado.
Só hai que pensar nas letras dalgunhas cancións que escoitamos habitualmente nos medios de comunicación para darnos conta de como viaxan estas mensaxes encubertas de anulación da persoa a favor dunha idea bastante retorcida do amor. Estamos seguros de que nos debates previos ao evento sairán múltiples manifestacións da violencia por razón de sexo. En canto vaiamos xuntando conclusións irémolas verquendo como poidamos. Temos apenas dúas semanas, hai que aproveitalas!

Ningún comentario: