luns, 24 de xaneiro de 2011

IMAXES ONÍRICAS


Saio da casa, decátome que me quedaron as chaves atrás. Subo as escaleiras e cando chego arriba e vou entrar na casa, meto a man no peto e alí están as chaves. Que raro! se é o primeiro sitio que vin antes de subir! Vou cara á escola, no medio do camiño decátome que xa estou sentado no meu pupitre, non dou creto. O resto da mañá transcorre con aparente normalidade, ah! esquecín dicir que pisei unha poza sen que o meu pé chegase a entrar en contacto coa auga, aguantouse no exterior como se de cemento se tratase. Ao rematarmos as clases Santi e Jabi dixéronme de ir pegarlle uns tiros ao balón. Todo vai normal ata que un dos meus disparos ao largueiro dereito é interceptado pola man de Santi que, situado no largueiro esquerdo da portaría, alonga milagrosamente o seu brazo como se estivese feito de plastilina ata acadar a longura necesaria. O peor é que eu semello ser o único escandalizado co acontecemento, os demais semellan observar o cucedido coa máxima normalidade. Ao voltar a casa, indo pola beirarrúa, un coche avalánzase sobre min pero unha chamarada intensa que sae das miñas mans consegue pulverizar o coche un pouco antes do impacto. Vou dereito para casa desexando que isto acabe. Nada máis chegar, vou dereito para cama e, no mesmo intre que apoio a cabeza na almofada, esperto. Era un soño.
O soñador é.....BOB

2 comentarios:

angola dixo...

Moi bo este texto. Hai situacións imposibles moi orixinais: o pe que entra nunha poza sen mollarse, o brazo alongándose e parando un balón inposible de parar. O que máis me gusta é a final, cando te dispós a durmir, espertas. Bárbaro!

Anónimo dixo...

Grazas, din renda solta a miña imaxinación e iso saiu.

O autor : Bob