xoves, 20 de xaneiro de 2011

OS TRES PORQUIÑOS. VERSIÓN ACTUALIZADA





Había unha vez tres porquiños que eran irmáns. Vivían xuntos no centro da cidade. Un bo día decidiron independizarse e trasladáronse ás aforas, ao banlieu, a unhas parcelas que lles quedaran en herdanza do seu avó.

O menor deles, ao carecer de recursos, decidiu mercar unha pequena casa prefabricada e situala na súa parcela




O mediano, como lle gustaba moito a natureza, decidiu facer unha casa totalmente acristalada para disfrutar da paisaxe

Ao irmán maior gustáballe a construción moderna e decidiu que a súa casa sería de aceiro e formigón, coa mellor tecnoloxía e os últimos avances en vixilancia e seguridade.

Cerca daquela zona existía unha reserva natural na que vivía un lobo. Como todos os días, o lobo foi xogar a partida cos seus amigos da reserva e por casualidade enteirouse de que moi cerca acababan de instalarse tres porquiños.

O lobo, que estaba famento, ideou un plan despois de lles ir botar unha ollada.

Disfrazado de axente inmobiliario chamou á porta do porquiño menor. Púxose a falar con el, ofertándolle unha gran cantidade de cartos pola súa casa, O porquiño díxolle que non estaba interesado. Estaba pechando a porta cando o lobo se lle botou enriba para comelo pero o porquiño, que era pequeno e escorregadío, liscou correndo cara a casa do seu irmán mediano.

O lobo, moi enfadado, foi á caseta do garda da reserva, colleu a escopeta e dirixiuse á casa do porquiño mediano. Disparou contra ela e tdas as vidreiras quedaron escachifadas.

Os dous porquiños liscaron correndo a casa do irmán maior.

O lobo, cheo de xenreira, foi correndo detrás deles pero non contaba cos dispositivos de seguridade ultramodernos e fixo que saltasen todas as alarmas. Nun intre, un extraordinario despregue policial conseguiu inmobilizar o lobo e desenmascaralo. Levárono de volta para a reserva.

Como castigo, o que dicía ser un axente inmobiliario, tivo que pagar os desperfectos con servizos á comunidade e reconstruíndo a casiña acristalada do irmán do medio baixo a supervisión do garda. E tamén tivo que cumprir unha orde de alonxamento, para que os tres porquiños puidesen continuar coa súa vida sen intimidacións.

FIN

Versioneado por.....POCOYO

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Boa versión, realista e moderna. A final non é a agardada.
FELPS

Anónimo dixo...

Empeza moi ben, con moitas novidades, pero a final lembra de máis a do conto tradicional.
BOB

Anónimo dixo...

A versión é boa pero non cambia moito a historia que todos coñecemos.
GABO

orola dixo...

Esta versión de Os tres porquiños está totalmente remasterizada. Alégrame que nela non morra ninguén e que só haxa desperfectos materiais. As casas propostas están moi ben actualizadas, e as represalias contra o lobo non son asasinas. Parabéns a autora.