LÉXICO DE SUSTRATO
VOCABULARIO PREINDOEUROPEO: Gabanceira, mata, queiroga (var. quiroga, queiruga, queiroa), carrasca, carqueixa, carroucha, coto, sobaco, morango (var morodo, amorodo, merodo, morogo, amorote, morote), touza, morea, petouto, barro, lastra, cádavo, esquerdo, cama, balsa, sarrio, veiga.
VOCABULARIO INDOEUROPEO: pala 'cova', cabana, cabaz, cabazo, cabaceira, páramo (PRECELTA) carro, camiño, cervexa, bragas, camisa, bidueiro, lamagueiro, ameneiro, colmo, embelga, gancho, cheda, camba, rodaballo, careixa, beizo, lama, lousa, laxe, burato, callau, braña, seara, senra, billa, berce, tona, broa, terco, estancar, virar (CELTA)
TOPONIMIA: son prelatinos todos os nomes de lugares con elementos USC e ASC: Beasque, Viascón, Ledusco, Tarascón,; OBRE: Barallobre, Callobre; CAR, COR, CA: Cangas, Carnota, Coruña, Cambre, Corme, Cornido, Corcubión.
HIDRONIMIA: Deva, Limia, Sar, Teis, Tambre.
Hai moito que facer con este vocabulario: procurar o significado de todas as palabras, tentar agrupalas por campos semánticos, xogar a compoñer con elas. Tamén faremos unha incursión nos mapas para identificar topónimos con raíz prelatina. Boa viaxe polas fontes léxicas do noso idioma!
TEXTO 1
Como cada luns, para chegar antes a casa, vou polo camiño vello cheo de breixos, xestas e brancos croios ata chegar ao camiño que dá aos carballos. Un día viña eu tranquilamente de volta a casa cando batín cun seixo e caín ao chan. Ao caer fun dar cun carreiro de cunchas de vieira e de espiñas de xouba que remataba nun berce de cádavos cubertos de tona. Asustada, marchei correndo. Conteille todo ao meu pai e tranquilizoume dicíndome que debía ser dalgún cazador toleirón que quixo gastar unha broma macabra. E deixei de preocuparme, pero por se acaso por alí non volvo.
berce futurista de vimbio |
TEXTO 2
Un día calquera, estaba eu na casa un pouco agobiado. Entón saín por aí dar unha volta. Levei comigo unha empanada de xoubas, unhas vieiras, un rodaballo e un refresco para facer unha merendola na praia que hai por debaixo da touza. De camiño ía tan despistado que batín cun croio e doeume tanto que emepecei a dar chimpos ata que acabei estampado nun carballo. Despois dese terrible incidente, como puiden cheguei á praia. Sentei na area e comín para recuperarme. Obsevei que tiña diante miña unha laxe que me pareceu moi bonita pero non quixo vir comigo para casa. Cando regresei, sen querer espertei o meu irmán pequeno que durmía no berce. Acabei o día vendo un documental sobre o hábitat das carrascas e dos carballos.
petroglifo de Portela das Laxes, en Viascón |
TEXTO 3
TEXTO 4
A semana pasada fun á praza mercar unhas cousas que me mandara a miña nai. Como chegaba tarde e empezaba a chover, fun collendo un atallo. Coas présas non miraba o chan e batín cun croio chantado no medio do camiño e caín enriba dun breixo. Para erguerme suxeiteime á póla baixa dun carballo e saín pitando cara a praza. Ao chegar, merquei o que me encargaran: unhas vieiras e un rodaballo, un quilo de xoubas e dous coruxos. NUCLO
4 comentarios:
Eu personalmente, encargariame das cousas máis básicas. Primero, tratria de solventar a crise e faría de África o gran continente que é.
Se eu fose Deus:
Faría un monumento no que estaría eu, e debaixo unha placa que puxera Lakas Crack!!! en todas as cidades do mundo.
Faría que todas as fontes do mundo botaran Coca-Cola excepto alguanhas nas que botaran viño.
Faría que ningunha persoa se pelease con outra.
Xuntaría África con España para que minha nai mire unha xirafa en persoa
A ver se nos centramos. Estes dous comentarios, Lakas e Chicharito, tiñan que estar ubicadas na entrada anterior, que é onde se nos dá vía libre para sermos parte da divinidade. Faredes o favor de colocalas cando poidades no lugar que lle corresponde. Saúde para disfrutalo.
Propoño empezar pola busca e captura de topónimos de orixe prelatina.
Publicar un comentario