xoves, 12 de maio de 2011

MUNDO LOIS


Desde a superficie dun novo
e imprevisto salvamento

Sería a luz que me alagaba os ollos
da vida roubada á morte veciña
pero todos me apalpaban incrédulos
colléndome das mans.
Todos aqueles que me amaron morto
amábanme máis vivo.
Abríranse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que se abría cara a vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanoarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe.

nadal, 94

Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, 2011. O poema pertence a Poemas póstumos, 1992-1994

2 comentarios:

carallocorou dixo...

Aquí vos deixo un poemiña de Lois Pereiro cheo de boas intencións cara a si mesmo para que a balanza sempre se incline a favor da vida. Para terdes máis información sobre o autor non deixedes de consultar a última entrada na bitácora da biblioteca do ROU.
Longa vida á obra de Lois Pereiro e que dela aprendan do mellor as novas xeracións.

EFFO dixo...

NOTASE PORQUE FOI CONMEMORADO ESTE AUTOR XA QUE OS SEUS POEMAS APORTAN OS SENTIMENTOS DO AUTOR GUSTAME MOITO DEXESARIA QUE PUXERAN OUTROS POEMAS DESTE TAN BO AUTOR