domingo, 18 de outubro de 2009

O outro día

O outro día estaba a pasear o meu can cando, de repente, bato con oito ou dez cagadas de can. Deume moito noxo e marchamos pasear a outro sitio. A xente non debería contaminar tanto os campos e os paseos. Eu pola miña parte recollo cunha bolsa e penso que así deberían facelo todos e non seguir contaminando. A policía tamén o debería ter en conta e multar ou sancionar dalgunha maneira que axude a non contaminar máis. Por exemplo recoller toda a merda do parque.
Inconformista.

1 comentario:

tirarrollas dixo...

A min paréceme demencial o das cagadas dos cans nos espazos de convivencia urbana: prazas, beirarrúas, paseos terrestres, paseos marítimos, etc. pero atopalas tamén nas escasas porcións de terra e herba que hai nas nosas urbes, esas pequenas illas artificiais rodeadas de cemento que chaman parques infantís..iso xa non sei como calificalo, de tolos. E o sólido aínda se pode recoller, pero e as mexadas? Somos así-