xoves, 15 de outubro de 2009

Broncas con “cariño”


O outro día a miña nai botoume a bronca. Ela é unha desas persoas que mentres che berran che cambia o nome, pero non cho cambia de forma despectiva, cámbiao por diminutivos ou palabras coma “cariño”. É algo que non entendo, está cabreada pero trátame dunha forma coa que non me trata o resto do día. É moi desconcertante, é coma se estivese encabuxada pero non o quixese demostrar. Se tanto enfado ten, por que me chama así? Sería mellor que me chamase polo meu nome . Son manías que non entenderemos nunca.


Gallaecia

Ningún comentario: