xoves, 29 de outubro de 2009

A emigración clandestina



A emigración clandestina é un fenómeno moi común en África. A maior parte dos xoves africanos usan baiucos para chegar ás costas europeas. Ex: España, Italia. Cando eu estaba en Senegal un amigo meu chamoume por teléfono e pregunteille onde andaba, dixome que en España (Canarias) eu dixenlle como fixera para chegar alí, el díxome cun baiuco . Eu quedei abraiado e case nun minuto non puiden facer ou decir nada porque é algo moi perigoso “cando 50 persoas saen só chegan 20 ou 25 “ O mellor da xoventude africana morreu no mar .Grazas á emigración clandestina África sofre nuha perda moi grande de xente nova.

Sunligal

Ningún comentario: