Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
xoves, 12 de novembro de 2009
malos costumes
ás veces, cando nos pomos a ver un partido de fúbol na tele, observamos que algúns xogadores tenden a cuspir no chan, pero seguro que iso non é só cuspe, iso debe ir con mocos e todo!, e xusto despois, se meten un gol, tamén teñen o costume de tirarse ao chan facendo un xesto de vitoria, ou sexa, que eles mesmos restregan os seus propios mocos polo corpo, iso é noxento!
Pero non é só nos partidos. Hai moita xente, sobre todo mozos e vellos, que van camiñando pola rúa e cando teñen ganas, cospen alí, diante de calquera, como se só estivesen eles no mundo! O que máis rabia dá é ese ruidiño característico preliminar: noxento! como se non puidesen sacar un pano dos mocos e cuspir aí.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario