xoves, 12 de novembro de 2009

O toureo, por que segue a ser algo tan cotián?


Paréceme rechamante que no século XXI aínda se sigan a matar touros dunha forma cruel e sen ter en conta o seu sufrimento. Son seres vivos e, coma tales, non se debería xogar coa súa vida dunha forma tan burlona e chocalleira á que algúns chaman a festa nacional. O máis tráxico é que se oe nos medios que só o 33% da poboación a nivel estatal está interesada nesa clase de eventos, que axudamos todos a manter cos nosos impostos. Nunha época de crises económicas e humanitarias como a que estamos a vivir, parece un pouco ridículo e mesmo insultante o feito de que o estado estea a empregar millóns de euros en fomentar tradicións que atentan contra os dereitos dos animais e que aínda por riba só lle interesa a unha minotía da poboación

Ningún comentario: