xoves, 15 de outubro de 2009

Unha historia en Príncipe


Esta historia aconteceu o anterior sábado , cando estabamos eu e máis tres amigos na rúa de Príncipe viguesa.
Estabamos a falar entre nós , sentados , e nisto aparece unha señora duns 60-65 anos , vestida totalmente de branco e con pelo canoso , que se nos acerca , e cun ton como de ida , comeza a dicirnos cousas sobre Deus . que se ía salvarnos , que se non nos deixaramos enganar polos curas.., e tras dous minutos de cousas relixiosas , despediuse de nós e continuou a súa camiñada pola rúa Príncipe en diante.
Ó dia seguinte , un amigo meu volveuna encontrar e volveu contarlle o mesmo…

Vaughton

Ningún comentario: