sábado, 7 de xuño de 2014

DEPREDADOR ( anónimo)



DEPREDADOR

Había anos que Andrea non se sentía tan leda, sentíase tranquila, sosegada, en paz, como nunha nube, como nun irrematable soño. Un cadente asubío soaba a súa dereita. A súa vida ata entón fora como a de calquera outra muller de clase media, casada aos vinte e poucos e cun par de nenos antes dos trinta. Namorada os primeiros anos de casada, leda co nacemento das xemelgas. Pasaban os anos e o sentimento cara a Daniel, o seu marido, pasaba de amor a cariño, de cariño a indiferenza e de indiferenza a resentimento. Andrea aguantou o que puido, sobre todo polas xemelgas, pero a corda tensouse demasiado e rematou por romper. Separada antes dos corenta, díxose que debería volver intentalo, que o merecía. Non era doado con dúas nenas de 9 anos, se os homes eluden o compromiso cunha muller solteira e sen cargas, que non farían cunha muller na súa situación. Aínda así, ía intentalo, era bastante guapa, aínda non perdera de todo a figura dos seus 20 anos e tenia a idade xusta para atraer tanto homes un pouco mais novos que ela como mais maduros. Andrea buscou na súa axenda o numero de Kim, unha rapaza rusa de 22 anos á que xa confiara outras veces ás xemelgas, a chamou e quedou con ela para que o fixese de canguro esa noite. Eran as nove da noite, deitou as nenas. Kim chegaría ás dez, tiña o tempo xusto para arranxarse. Deuse unha ducha rápida, secouse o pelo e maquillouse. Elixiu o vestido, non lle foi moi complicado, tampouco podía permitirse ter un bo fondo de armario, así que tiña  pouco onde elixir. As medias, os zapatos, rematou de peitearse, deuse o ultimo retoque de maquillaxe e perfumouse. As dez en punto, Kim xa chegara e recibira as oportunas instrucións. Subiu a polo bolso e recolleu da mesa de noite o "flyer" coa dirección do "Single ´ s Bar". O taxi deixouna xusto diante do neon de "Single ´ s Bar". A pesar de non estar nunca alí, cría recodar aquel neon, non sabia onde o vira, pero lle soaba. O bar non se diferenciaba moito de calquera outro bar de copas, a excepción debería de ser a clientela, normalmente "singles", que é como se lles chamaba agora ás persoas desemparelladas, de entre trinta e tantos a cincuenta e poucos coa case exclusiva intención de deixar de ser "singles". Sentouse nun tallo xunto á barra, pediu un Martini ao camareiro e sacou un cigarro da tabaqueira. Antes de que o puidese achegar aos seus labios, xa tiña a chama dun acendedor fronte aos seus ollos. Acendeu o cigarro e deu as grazas amablemente. O home presentouse, chamábase Esteban. Non máis de corenta anos, un setenta e tantos, oitenta quilos, non é que fose guapo pero o seu rostro infundía certo interese. Charlaron durante máis dunha hora e Andrea tomouse como tres ou catro Martinis máis, había tempo que non bebía e o alcohol xa ruborizara as súas meixelas, e esvaída a súa vergoña inicial. A conversación encamiñábase irremediablemente a un terreo mais persoal. Non é que Andrea tivese ido alí con ningunha intención en concreto, pero empezou a acariciar a idea de deixarse levar e non se retirar se aquilo podía rematar en sexo, despois de todo levaba sen facelo meses e as ultimas e contadas veces co seu marido foran realmente desastrosas. Saíron do bar e volveron a primeira esquina, alí debería estar aparcado o coche de Esteban. Era unha escura quella e á mente de Andrea veu a imaxe do neon do bar, vírao cara a unhas semanas no noticiero, saíu nunha noticia sobre a violación e asasinato dunha muller nunha quella anexa a aquel bar. Sentiu o tacto dun pano de seda apertando o seu colo. O asubío seguía soando regular e cadente ao seu lado dereito, parecíalle sentir unha leve presión no dedo corazón, pero seguía feliz, sumida nesa nube, nese soño cada vez máis soporífero. O rítmico asubío deixou a súa cadencia e converteuse nun longo asubío sen fin.


Traducido por Xabier L.



DEPREDADOR

Hacía años que Andrea no se sentía tan feliz, se sentía tranquila, sosegada, en paz, como en una nube, como en un interminable sueño. Un cadente pitido sonaba a su derecha. Su vida hasta entonces había sido como la de cualquier otra mujer de clase media, casada a los veinte y pocos y con un par de niños antes de los treinta. Enamorada los primeros años de casada, feliz con el nacimiento de las gemelas. Pasaban los años y el sentimiento hacia Daniel, su marido, pasaba de amor a cariño, de cariño a indiferencia y de indiferencia a resentimiento. Andrea aguantó lo que pudo, sobre todo por las gemelas, pero la cuerda se tensó demasiado y acabó por romperse. Separada antes de los cuarenta, se dijo que debería volver a intentarlo, que se lo merecía. No era fácil con dos niñas de 9 años, si los hombres rehúyen el compromiso con una mujer soltera y sin cargas, que no harían con una mujer en su situación. Aún así, iba a intentarlo, era bastante guapa, aún no había perdido del todo la figura de sus 20 años y tenia la edad justa para atraer tanto a hombres un poco mas jóvenes que ella como mas maduros. Andrea buscó en su agenda el numero de Kim, una chica rusa de 22 años a la que ya había confiado otras veces a las gemelas, la llamó y quedó con ella para que le hiciera de canguro esa noche. Eran las nueve de la noche, acostó a las niñas. Kim llegaría a las diez, tenía el tiempo justo para arreglarse. Se dio una ducha rápida , se secó el pelo y se maquilló. Eligió el vestido, no le fue muy complicado, tampoco podía permitirse tener un buen fondo de armario, así que tenia poco donde elegir. Las medias, los zapatos, terminó de peinarse, se dio el ultimo retoque de maquillaje y se perfumó. Las diez en punto, Kim ya había llegado y había recibido las oportunas instrucciones. Subió a por el bolso y recogió de la mesilla el flyer con la dirección del Single´s Bar. El taxi la dejó justo delante del neón de Single´s Bar. A pesar de no haber estado nunca allí, creía recodar aquel neón, no sabia donde lo había visto, pero le sonaba. El bar no se diferenciaba mucho de cualquier otro bar de copas, la excepción debería de ser la clientela, normalmente “singles”, que es como se les llamaba ahora a las personas desparejadas, de entre treinta y tantos a cincuenta y pocos con la casi exclusiva intención de dejar de ser “singles”. Se sentó en un taburete junto a la barra, pidió un Martini al camarero y sacó un cigarrillo de la tabaquera. Antes de que pudiera haberlo acercado a sus labios, ya tenia la llama de un encendedor frente a sus ojos. Encendió el cigarrillo y dio las gracias amablemente. El hombre se presentó, se llamaba Esteban. No más de cuarenta años, uno setenta y tantos, ochenta kilos, no es que fuera guapo pero su rostro infundía cierto interés. Charlaron durante más de una hora y Andrea se tomó como tres o cuatro Martinis más, hacia tiempo que no bebía y el alcohol ya había sonrojado sus mejillas y difuminado su vergüenza inicial. La conversación se encaminaba irremediablemente a un terreno mas personal. No es que Andrea hubiera ido allí con ninguna intención en concreto, pero empezó a acariciar la idea de dejarse llevar y no retirarse si aquello podía terminar en sexo, después de todo llevaba meses sin hacerlo y las ultimas y contadas veces con su marido habían sido realmente desastrosas. Salieron del bar y volvieron la primera esquina, allí debería estar aparcado el coche de Esteban. Era un oscuro callejón y a la mente de Andrea vino la imagen del neón del bar, lo había visto hacia unas semanas en el noticiero, salió en una noticia sobre la violación y asesinato de una mujer en un callejón anejo a aquel bar. Sintió el tacto de un pañuelo de seda apretando su cuello. El pitido seguía sonando regular y cadente a su lado derecho, le parecía sentir una leve presión en el dedo corazón, pero seguía feliz, sumida en esa nube, en ese sueño cada vez más soporífero. El rítmico pitido dejó su cadencia y se convirtió en un largo pitido sin fin.



NOTA: É un bo texto para practicar os verbos que non son reflexivos en galego.

Ningún comentario: