Instrucciones para subir una escalera
| ||
Nadie
habrá dejado de observar que con frecuencia el suelo se pliega de
manera tal que una parte sube en ángulo recto con el plano del suelo, y
luego la parte siguiente se coloca paralela a este plano, para dar paso
a una nueva perpendicular, conducta que se repite en espiral o en línea
quebrada hasta alturas sumamente variables. Agachándose y poniendo la
mano izquierda en una de las partes verticales, y la derecha en la
horizontal correspondiente, se está en posesión momentánea de un
peldaño o escalón. Cada uno de estos peldaños, formados como se ve por
dos elementos, se situó un tanto más arriba y adelante que el anterior,
principio que da sentido a la escalera, ya que cualquiera otra
combinación producirá formas quizá más bellas o pintorescas, pero
incapaces de trasladar de una planta baja a un primer piso.
Las
escaleras se suben de frente, pues hacia atrás o de costado resultan
particularmente incómodas. La actitud natural consiste en mantenerse de
pie, los brazos colgando sin esfuerzo, la cabeza erguida aunque no
tanto que los ojos dejen de ver los peldaños inmediatamente superiores
al que se pisa, y respirando lenta y regularmente. Para subir una
escalera se comienza por levantar esa parte del cuerpo situada a la
derecha abajo, envuelta casi siempre en cuero o gamuza, y que salvo
excepciones cabe exactamente en el escalón. Puesta en el primer peldaño
dicha parte, que para abreviar llamaremos pie, se recoge la parte
equivalente de la izquierda (también llamada pie, pero que no ha de
confundirse con el pie antes citado), y llevándola a la altura del pie,
se le hace seguir hasta colocarla en el segundo peldaño, con lo cual en
éste descansará el pie, y en el primero descansará el pie. (Los
primeros peldaños son siempre los más difíciles, hasta adquirir la
coordinación necesaria. La coincidencia de nombre entre el pie y el pie
hace difícil la explicación. Cuídese especialmente de no levantar al
mismo tiempo el pie y el pie).
Llegando en esta forma al segundo
peldaño, basta repetir alternadamente los movimientos hasta encontrarse
con el final de la escalera. Se sale de ella fácilmente, con un ligero
golpe de talón que la fija en su sitio, del que no se moverá hasta el
momento del descenso.
Aí atrás conseguimos este texto de Cortázar on line e púxémolo na pantalla grande da biblioteca para darlle unha lectura tamén grande. Todo o mundo quedou sorprendido da asombrosa facilidade que o autor ten para expresar da maneira máis complexa que se poida imaxinar os actos reflexos que realizamos sen pensar nos nosos desprazamentos cotiáns. Neste caso, subir unha escaleira. O que nos quedou moi clariño é que a maioría das fazañas que realizamos inconscientemente son moitísimo máis doadas de realizar que de explicar, que ás veces as explicacións constitúen todo o desafío intelectual a realizar e que o corpo está dotado dunha intelixencia especial para a acción que non cabe en ningún tipo de explicacións alén da literatura, que sempre anda de brincadeira.
Entón demos renda solta ás nosas capacidades expresivas e propuxémonos facer pequenos textos con temas inimaxinables. Ou sexa, decidimos algo así como aplicar unha lupa moi potente ao día a día ata conseguir ver con ela todos os pequenos milagros que cada momento ten. E, nalgúns casos, saíron cousas como estas:
EU E MÁIS A PEDRA
Un día calquera viña de volta a casa. Mentres camiñaba obsevei un momento o chan. Ao facelo encontrei unha pedra. Aquela pedra tiña algo especial, non sei, pero interesoume tanto que a levei comigo a casa. Mentres andaba empezamos a falar, encantábame falar con ela, sabía que sempre estaría disposta a escoitar os meus problemas. Todos os días ía con ela xogar ao fútbol ( era malísima xogando, nunca metía gol), baloncesto, camiñar. Unha vez case morre xa que a levei á piscina e a pobre case afoga. Tiven que facerlle o boca a boca.
Un día calquera, faltábame o xeado de morodo da neveira. Pregunteille se o lambera ela pero negouse a dar ningunha resposta. Enfadeime con ela e deixei de falarlle. Cada día estaba máis triste e doíame estar sen ela. Unha semana máis tarde decidín volver a falarlle. A pedra non estaba! O cazurdo do meu irmán pequeno guindouna pola ventá.
Despois daquel incidente caín nunha depresión e levoume dous anos saír, pero hoxe en día aínda me quedan secuelas. Ao meu irmán retireille as falas.
YOUSSEF CONVERSA TELEFÓNICA Un grupo de homes están na piscina, soa un teléfono e un deles sae da auga. Colle o aparello e di: - Aló? - Querido? - Querida? - Estás na piscina? - Si - Estou nunha tenda de roupa e acabo de ver un conxunto precioso, podo mercalo? - Pero canto custa? - 155 euros - Ben, vale, se tanto che gusta! - Ah! e acabo de pasar por diante dun concesionario de Mercedes e estaría ben cambiar o BMW......xa......o vendedor díxome que nos facía prezo... - Canto? - 150.000 - Ummmm...ben, de acordo. - Ah! outra cousiña.....pasei por diante dunha inmobiliaria e tiñan en oferta unha casa con xardín moi grande, ao pé da praia.....só 53 millóns. - Ben, vale, pero nada máis eh! - Grazas, cariño. Como te quero! - E eu a ti, meu ben. Despois de finalizar a chamada o tal volve á piscina co aparello na man e pregunta: De quen é este móbil? PIERO INSTRUCIÓNS PARA RAÑARSE Para empezar tes que notar que che proe algo. Se ves que o pruído non cesa, non tes máis que localizar o sitio, mover o brazo en dirección a ese lugar ata dar co punto exacto. Unha vez alí, colles un dedo e déixalo escorrer esfregando suavemente a uña contra a pel. Se iso non abonda, pódeste servir doutros dedos para repetir o mesmo movemento pero sempre alternándoos, sen perder o ritmo. Non esquezas que andar a rañarse non sempre é bo, no sitio da rañadura pode aparecer unha ferida. E ademais xa o di o refrán...."O comer e o rañar todo mal é empezar" LUCAS |
Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
venres, 27 de abril de 2012
Queremos tanto a Cortázar
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario