xoves, 19 de maio de 2011

BICENTENARIO DA BATALLA DAS PEDRAS 18-05-1811



Onte, 18 de maio, ao día seguinte da conmemoración do día das letras galegas máis galáctico que poderemos lembrar en moito tempo, adicado ao xenial Lois Pereiro, o instituto de secundaria ROU tivo o pracer de celebrar o bicentenario da independencia do Uruguai. Para tal evento recibimos unha misión diplomática encabezada pola consulesa xeral do Uruguai . Amenizaron o acto dúas voces ceibes privilexiadas: Wálter César e Ramona Báez, residentes en Vigo. No vídeo queda constancia do longo camiño que tivo que percorrer o pobo uruguayo para a súa liberación da coroa española. A vida no ROU cada vez cobra tintes máis festeiros e aínda quedan por celebrar moitos días memorables máis.

O ano pasado, lembrades?, plantamos un ceibo


1 comentario:

EFFO dixo...

canta moi ben notase que sente as almas dos uruguaios,gustoume moito.Gustariame volver a escoitalo en vivi e en directo