mércores, 20 de marzo de 2013

A voltas co TE e co CHE


O TROTAMUNDOS


Ola Xoan. Que tal andas ? Onde estás ? Despois da última carta, crin que che pasara algo. Eu agora ando en Cuba. Lin unha carta que estaba firmada por ti, pero non era a túa letra, por iso pregúntoche que fas e onde andas. Teño moitas cousas que contarche, así que vou ir empezando. Estiven hai dous meses en Colombia e atopeime con Marta, aquela moza que amei tanto cando viviamos en Toulouse. Cando a vin, pasamos todo o dia xuntos falando do que viviramos ata entón; cando marchei de Colombia, fun para mexico, en concreto a Cancún. Vinme involucrado nun asasinato, pero non te preocupes, só foi que estaba no sitio inadecuado no momento indebido, asi que só fun de testemuña. O crime foi de pelicula ! A vitima era unha comercianta de roupa deportiva pero en realidade, ese negocio servía para o branqueo de diñeiro. Branqueaban o beneficio do trafico de armas, asi que tivo que ser unha axuste de contas. O meu seguinte destino foi Xamaica. Ese é un sitio incrible ! Vai moito sol e alí a xente é humilde e moi hospitalaria. Tamén hai boas festas. Pasei noites enteiras sen durmir (da festa que houbo ali). Teño que confesarche que me encantaría  que vises o panorama que hai alí, íache encantar. O meu último destino antes de Cuba, foi Honduras. Estivo ben pero paseino mellor en Cancún, a pesar do da comercianta de roupa deportiva. Honduras gustoume polo clima e as súas praias. A comida ali é fresca e moi saudable, nada envasado ou precocido. Ben, e como xa che contei, agora estou en Cuba, e espero pasar despois por Brasil, Chile e Arxentina. Onde queira que te atopes, porfavor escribeme. Unha aperta moi forte, amigo.

                                          Gabriel



DENDE A ALDEA
Ola Xulián, escríboche esta carta para informarte de como van as cousas na vila e para preguntarche que tal pola cidade. Na vila agora estamos de festa e é unha mágoa que non esteas aquí connosco; a parte, a túa irmá empezou a saír cun mozo que non che me parece trigo limpo,xa o investigarei; a avoa estivo a piques de morrer hai dúas noites; cando estabamos ceando, deulle un ataque de súpeto e levámola a urxencias, segue en observación pero xa esta mellor. A túa nai pasou tódolos días canda ela en urxencias, estivo moi asustada por se morría. A túa noiva bótate moito de menos e quere volverte ver axiña. Eu sigo aquí no mercado, traballando. Esperamos volverte ver de contado. Como estás pola cidade, vaiche ben a vida? Mándame outra carta para saber que tal te encontras. Recordos dende a aldea.

CONDE CHUCULAT





O PARTIDO
Ola Xavi, o outro día crin que te vira polo paseo que está a carón da miña casa. Cando te vin, fun rápido para a porta e corrín para ir verte. Cando baixei, fun onda ti e ao final non eras ti, era un amigo ao que non miraba había máis de dez anos ( ou máis). Eu o que che quería dicir era que o luns seguinte tiñamos a voda da miña irmá e eu queríate invitar a ti para que viñeses. Se queres, quedamos uns días antes para ver o traxe e tal.
Tamén che quería dicir que hai dous días xogamos un torneo de baloncesto, pero non puiden contactar contigo por que non me dei conta de que xogabas connosco, como non viñas había un ano ou así non lembrei chamarte; eu quéroche dicir que no partido provoquei unha pelexa monumental e á final resolveuse o problema e seguimos xogando ( o partido de baloncesto) e no último minuto eu arrebolei a pelota na canastra e metina, e todos os do equipo lanzáronse sobre min e logo pola noite fomos celebrar o partido que gañamos e logo á mañá seguinte tiven unha resaca xigante.
Iso é o único que che quería dicir, unha aperta. Chámame.


 INCÓGNITA en colaboración con ZOTHURIAN 






PESQUISAS
Querida Lola:

Escríboche esta carta para que saibas que non estás soa nisto. Eu penso que ti non mataches esa persoa. Prométoche que atoparei as probas necesarias para demostrar a túa inocencia.
Vouche contar todo o que levo feito ata o momento:
Fun ao lugar do crime e atopei uns animais mortos no sitio do incendio e leveinos ó forense, este non encontrou ningunha proba que demostrase a túa total inocencia.
Pasaron varios días e como non atopei proba algunha fun falar coa xente da zona. Dixéronme que te viron á hora do crime na casa da rapaza que dúas horas despois apareceu morta. Víronte entrar pero non saír. Ninguén me quería decir nada. Tiñan medo de que lles fixeses o mesmo a eles. Eu seguín crendo que ti non fixeches nada.
Resístome a pensar que es unha asasina. Fun falar cun vello que vivía no cume da montaña. Era un home de poucas palabras e coa mirada perdida. Intentei falar con el
sobre o incendio que aconteceu hai dúas semanas. De súpeto cerroume a porta nos fuciños; este home pareceume sospeitoso, polo tanto volvín ir á súa casa. Díxenche que non descansaría ata demostrar a túa inicencía. O home díxome que tiña medo a desvelar a verdade do que acontecera. Díxome que el fora o asasino. Leveille as probas á túa avogada. Ela fará todo o posible`para sacarte do cárcere. 


HOLMES





                                                  
                                                                       

Ningún comentario: