xoves, 27 de xaneiro de 2011

MANÍA PERSECUTORIA

Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)
Texto aportado por......FELPS

1 comentario:

Saravasty dixo...

E unha moi boa critica da maneira na que bancos,empresas da luz e demais entidades nos arrebatan a liberdade coas facturas e o medo que esta exerce sobre nós.
Tamen,se me permitides,me gustaria engadir una pequena chanza: ``As gafas baixaron de prezo´´