 Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)
 Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
xoves, 27 de xaneiro de 2011
MANÍA PERSECUTORIA
 Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)
 Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)SOÑO ESPECTRAL

luns, 24 de xaneiro de 2011
CINSENTA

Era unha vez unha rapaza chamada Cinsenta que vivía coa súa madrasta, unha muller malvada que tiña como único interese o diñeiro do difunto pai da nena; tamén vivía coas súas medio irmás, que eran réplica exacta da súa nai.
Trataban a Cinsenta como unha escrava, obrigándoa a facer todas as faenas da casa e Cinsenta, que era tan boa que chegaba a ser parva, facíaas.
Un día o rei organizou unha festa na discoteca do pobo para dar cunha noiva axeitada para o seu fillo, o príncipe. Todas as rapazas da vila debían asistir coas súas mellores galas. Cinsenta pediu permiso á madrasta para ir ela tamén, pero a mala pécora non a deixou e obrigouna a limpar toda a casa esa mesma noite. Así que as tres bruxas marcharon Cinsenta botouse a chorar. Entón apareceu un pequeno elfo que, chiscando os dedos díxolle: "espabila, nena, non pode ser que sigas sendo tan parva!" e desapareceu.
De repente, Cinsenta deixou de chorar, foi ao cuarto das súas medio irmás e colleu un dos seus horribles vestidos. Despois de utilizar o seu enxeño en costura, quedoulle un vestidiño ben xeitoso. Colleu a moto da madrasta e foi á festa principesca.
Ao chegar alí, cando o príncipe a viu, quedou pampo e namorou perdidamente. Foi un frechazo. Acercándose a ela moi a modiño díxolle: "gastas pista?" e ela díxolle: " pois claro!". Despois de botaren uns bailes, o DJ anunciou que eran as 12 da noite. Entón Cinsenta tivo o presentimento de que tiña que estar de volta na casa antes que a súa madrasta e as lerchas das súas medio irmás. Botou a correr cara a moto como unha bala pero polo camiño perdeu o seu coleteiro no que quedara enganchado un pelo da súa longa e metálica cabeleira. O príncipe, desconcertado, saiu detrás dela, pero o único que atopou foi o coleteiro.
Mandouse o único pelo a un laboratorio para que se lle fixesen as probas do ADN e saber de que zona era a propietaria. Estreitando o cerco da investigación chegou de novo estar fronte a Cinsenta. A rapaza marchou co príncipe, non deberon casar porque na tele non dixeron nada, nin saíron fotos nas revistas. O que si se sabe é que as tres bruxas quedaron mortas de envexa na casa facendo as súas propias faenas, porque ninguén lles quixo ir de criada.
MINISOÑO

Érgome pola mañá para ir ao instituto. Almorzo na cociña e despois vou ao cuarto para me vestir. Logo vou ao baño e lavo os dentes. Cando termino vou de novo ao cuarto de durmir, poño a cazadora, dispóñome a saír pola porta, ábroa e xa estou entrando polo insti. Soa o espertador da realidade e acaba o soño.
IMAXES ONÍRICAS

venres, 21 de xaneiro de 2011
PINOCHIO RECONVERTIDO

 Hai moito tempo, un neno de madeira, feito con moito amor por un vello carpinteiro, chegou a presidente; é unha longa historia, así que só vou contala por riba.
 Hai moito tempo, un neno de madeira, feito con moito amor por un vello carpinteiro, chegou a presidente; é unha longa historia, así que só vou contala por riba.xoves, 20 de xaneiro de 2011
OS TRES PORQUIÑOS. VERSIÓN ACTUALIZADA


 O mediano, como lle gustaba moito a natureza, decidiu facer unha casa totalmente acristalada para disfrutar da paisaxe
O mediano, como lle gustaba moito a natureza, decidiu facer unha casa totalmente acristalada para disfrutar da paisaxeAo irmán maior gustáballe a construción moderna e decidiu que a súa casa sería de aceiro e formigón, coa mellor tecnoloxía e os últimos avances en vixilancia e seguridade.
Cerca daquela zona existía unha reserva natural na que vivía un lobo. Como todos os días, o lobo foi xogar a partida cos seus amigos da reserva e por casualidade enteirouse de que moi cerca acababan de instalarse tres porquiños.
O lobo, que estaba famento, ideou un plan despois de lles ir botar unha ollada.
Disfrazado de axente inmobiliario chamou á porta do porquiño menor. Púxose a falar con el, ofertándolle unha gran cantidade de cartos pola súa casa, O porquiño díxolle que non estaba interesado. Estaba pechando a porta cando o lobo se lle botou enriba para comelo pero o porquiño, que era pequeno e escorregadío, liscou correndo cara a casa do seu irmán mediano.
O lobo, moi enfadado, foi á caseta do garda da reserva, colleu a escopeta e dirixiuse á casa do porquiño mediano. Disparou contra ela e tdas as vidreiras quedaron escachifadas.
Os dous porquiños liscaron correndo a casa do irmán maior.
O lobo, cheo de xenreira, foi correndo detrás deles pero non contaba cos dispositivos de seguridade ultramodernos e fixo que saltasen todas as alarmas. Nun intre, un extraordinario despregue policial conseguiu inmobilizar o lobo e desenmascaralo. Levárono de volta para a reserva.
Como castigo, o que dicía ser un axente inmobiliario, tivo que pagar os desperfectos con servizos á comunidade e reconstruíndo a casiña acristalada do irmán do medio baixo a supervisión do garda. E tamén tivo que cumprir unha orde de alonxamento, para que os tres porquiños puidesen continuar coa súa vida sen intimidacións.
FIN
Versioneado por.....POCOYO
luns, 17 de xaneiro de 2011
MAIS ALÁ

Manifesto "Máis alá" (1922)
I O xesto / Os vellos / A nosa razón / O ruralismo / Os devanceiros
II "Pollitos bien"/ Tamén hai outros
III Nós /A fala / Desbotando / Individualismo
IV Mocidade!
Fonte : Mil primaveras máis (Roberto Abalde)
http://www.galespa.com.ar/
