sábado, 8 de outubro de 2011

los suaves




SE EU FOSE DEUS.............
Hai máis ou menos un ano que demos pistoletazo de saída a unha nova singradura deste caderno coa letra desta canción mítica de Los Suaves, supersuaves de Ourense con vocación universal. A letra é tan suxerente que os de 4º A do curso pasado elaboraron todas e todos unha microtese sobre as súas intencións no caso de seren divinos.  Tanto a letra da canción ( versión galaica) como as ideas que desencadeou poderás atopalas AQUÍ. Este ano voltaremos meditar que fariamos nós co mundo no caso de vérmonos na situación de poder cambialo. Vaia se podemos!

Dámos a benvida no comité de redacción ao alumnado de 3º da ESO, que xa nos demostrou nalgunha ocasión que son quen de apuntarse ata a un bombardeo. Temos grandes regueifeiros no grupo, amantes do teatro e da poesía e algún que outro ciberespontáneo. Todo estará permitido excepto o aburrimento. Tentaremos capturar as ansias creativas do alumnado de Diversificación e canalizaremos todo traballo orixinal que se nos poña diante de calquera espontáneo estea ou non correctamente matriculado. Un saúdo a todo o alumnado do IES ROU e a todos os rapeiros, repentistas e másters da rima libre de Teis e do resto dos barrios da Ría de Vigo.





5 comentarios:

ritrux dixo...

Aínda que xa está moi visto, acabaría coa fame e faría desaparecer os exércitos. Choverían billetes e as pebidas das froitas serían de ouro. Faría os pobres ricos e os ricos e derrochadores, pobres. E, por último, faría os homes e mulleres capaces de voaren e respiraren baixo a auga.

acebalín23 dixo...

Remataría coa fame no mundo, coas inxustizas, coa desigualdade, coas guerras...¡CO MAL! Remataría con todo o malo do mundo, enfermidades incluidas, todas as cousas malas. Faría que todas as persoas tivesen empatía, desta forma serían boas e respetuosas. Remataría cos problemas. Concienciaría a xente sobre a importancia de coida-lo medio ambiente e da importancia de respetar a natureza e os animais.

morriña dixo...

Faría que todo o mundo se levase ben para que non houbese guerras. Faría que todo o mundo puidese vivir dignamente, que todos puidesemos comer e beber, tódolos días. Faría que houbese máis verán e que os nenos tivesen menos clases para que poidan disfrutar da súa infancia. Cada noite sería preciosa, con millóns de estrelas que alumeasen esa oscuridade. Faría que moitas enfermidades que che fan moito dano non existisen, porque vivir, é un privilexio. Faría que ao inferno só puidesen ir os pailáns dos políticos. Faría que todo a xente fose feliz xunto a xente que quere, que disfrutase con ela ata que morra. Unha vez morto faría que unha vez cada mes se puidese volver á Terra para estar cos teus.

O Coco dixo...

Se eu fose Deus? Que faría se eu fose Deus? Cambiaria o Mundo faría o mundo FANTASTICO pra min.
Non habría nin persoa ricas nin pobres xa que todos terían o mesmo,
tería a casa fantastica e tendría todo o que eu quixera, cambiaria o tempo pero habría unha parte do mundo na que chovería todo o ano e outro na que nevara.E nadie podria morir salvo que eu o quixera.

SUPERFRIKI dixo...

Eu digo o mesmo que coco
pero algo mais como:
destruir o uranio para as bonmas nucleares,non permitir a tala de arbores descontrolada e obligaría a xente a plantar árbores.

Un saudo