
É pola mañá, saio da miña casa cara ao instituto.
Como é un pouco tarde empezo a correr e correr cada vez máis rápido, e xa vou voando porque teño superpoderes.
De súpeto, pasa un paxariño polo meu lado e cando mira cara adiante, aparezo na miñla clase.
Despois de estar toda a mañá veña que dálle, vén a tarde.
Marcho para a praia e cando me meto na auga, convírtome nunha serea e percorro toda a ría nadando cos demais peixes...e estou toda contenta.
Volvo á noitiña para casa. Voume deitar moi cansa, pecho os ollos e, de súpeto, acordo contándolles o meu soño aos meus amigos.
4 comentarios:
Eses superpoderes hai que utilizalos máis a miúdo. Ben se ve que dan moito xogo.
Diferenciar entre "sueño" y "no-sueño" se me está complicando mucho últimamente... ¿qué tal lo lleváis por allí?
Durmindo de marabilla, Khuai-i-Eszmaill, que boa falta nos fai para dar conta de todos os nosos soños.
Eu son o autor do sono, grazas por comentar, e estar interesado no noso blog, por aqui moi ben... estudando duro :)
Publicar un comentario