venres, 25 de maio de 2012

RAP GAÑADOR do concurso de creación 2012




NON HAI BENEFICIO SEN SACRIFICIO


Dixéronme de facer un rap apoiando galiza
en cambio eu prefiro falar deste mundo cheo de inxustizas
Dixéronme que co tema Galiza gañaría o primeiro posto
pero gañar para min non é polo que eu me esforzo.

Eu vou falar por exemplo de prexuízos
eu o que busco desta letra é o beneficio

O beneficio que busco é unha apertura mental
para que nesta sociedade non haxa tanto subnormal,
non haxa tanto hipócrita, nin tanto neandertal,
nin tanto dirixente
que trate como títeres ao resto da xente
simplemente
trátase de cambiar unha sociedade para min tan repelente.
Onde te miran mal por non ser coma eles
vivir nesta sociedade é algo tan deprimente
que ás veces sinto a necesidade de acabar con todo
pero sento e reparo nunha frase coñecida aquí por todos
Esta frase é: "Non hai beneficio sen sacrificio"

Unha vez feita esta aclaración
pídovos que escoitedes a letra con atención.

Vivimos nun mundo cheo de inxustizas
pero seguro que moitos de vós
vivides aínda nunha realidade ficticia.
Un mundo de cor rosa
un mundo onde é menos importante o traballo
que o que pasa na prensa rosa,
un mundo no que non se pode ser feliz
porque sentimos o deber de consumir
e cada vesz máis fortemente
sacan o seguinte modelo
o anterior xa non interesa á xente,
tampouco falo de vivir sen nada modo último supervivente
por exemplo
non fai falata estar todo o día conectado a unha rede social
síntoo pero esta clase de xente para min non é normal.

Cambiemos a outro temario
a relixión
pídovos que ninguén se ofenda
isto é unha arte
unha arte de libre expresión

A relixión paréceme da sociedade o cancro
grazas a ela perdemos moitos avances
no pasado tachaban de tolos a libres pensadores
eran perseguidos e torturados
tan só por erguer as súas voces.
Como a xente pode crer en algo tan absurdo
como
que tan só somos monicreques dun ser que creou o mundo,
Din que Deus é bondadoso?
Por favor, a min o único que me provoca Deus é noxo,
por que se é tan bo como dicides  ocorren tantas barbaridades?
"Deus estableceu o libre albedrío" é o que contestades
Iso a min non me convence
Deus establecería a liberdade
pero iso non inclúe unha chea de enfermidades.
Por que un neno ten que crecer nun orfanato?
Nunca se me ocorrería entregarlle á igrexa un neonato,
convérteos en persoas sen pensamento propio
persoas sen cultura nin dereito ao ocio,
manipulan as súas cabeza inmaduras
para que despois lle practique a pederastia un cura,
a isto chamádeslle xustiza celestial?
Xúrivos que sorrirei o día do voso funeral.

Suponse que se preocupan polos pobres
pero as súas canerías asegúroche que non son de cobre;
teñem cartos a raudais
pero só se preocupan de adornar as súas putas catedrais;
suponse que Xesús vivía na humildade máis absoluta
pero os cregos non imitan esa conduta;
o Papa necesita roupas novas, coches caros
e gasta diñeiro sen ningún reparo;
España di que a nosa economía falla
pero se vén o Papa gástanse millóns nesa campaña.

En fin, outra mostra máis de hipocresía
de verdade
eu enfróntome a un caso diferente cada día.

Esta xente que cre que por ser eu un rapaz xa non sei nada

e nin sequera me dan dereito á fala
eles tan só argumentan cousas sen sentido
e quedan sorprendidos se lles contesto algo con contido
cando ven que perden a razón repiten unha e outra vez:
" Ti es tan só un rapaz, que carallo vas saber!"

Din que entre as persoas reina a igualdade
pero cando entro nunha tenda xa teño detrás un axente de seguridade
ségueme paso a paso
ás veces xúroche que me entran ganas de soltarlle un puñetazo
para ver se aprende
Por que non trata así ao resto da xente?
De verdade teño tanta pinta de delincuente?

Tamén temos aos nosos policías,
estes cren ser os donos da rúa noite e día;
se me ven pola rúa obsérvanme con atención
e na maioría dos casos pídenme a documentación.
Se resulta que non a levo enriba
métenme no coche e para a comisaría;
non  sería a primeira vez que me levan
supoño que algún deles xa me coñecía,
se lles pregunto algo dinme
"quietecito" e "sen tonterías"
e se me reboto converterase en algo máis grave
eu xa o sabía.

Hai uns meses detivéronme eses parvos
posesión de armas sen licencia fopron os cargos,
unha simple pistola de fogueo era o que tiña
e o peor é que nin sequera era miña
atopárona no chan tirada uns amigos
non sabiamos o que tiñamos
para nós era tan só algo tirado que colliamos
cando chegou a policía
agochada debaixo do abrigo eu tíñaa
preguntaron pola arma
nese momento perdín a calma
por suposto fun o primeiro en ser rexistrado
sería pola miña roupa ancha e o meu peiteado.

O que quero dicir é que todo está cheo de prexuízos e de enganos,
se escribo isto agardo que non sexa en van,
sei que ninguén vai escoitar
pero ao menos desafoguei contando o que detesto
neste texto.
Texto que sei que é bastante extenso
pero incapaz de ilustrar toda a rabia que levo dentro.



DIEGO DE 4º A


Ben, parece que a vella veta de escarnio e maldicir da lírica medieval goza de plena vitalidade e topa nas fórmulas irreverentes do rap unha magnífica canle de actualización. Parabéns ao autor do texto. Gustaríanos ter nalgunha ocasión a oportunidade de oílo cunha boa base de fondo e unha posta en escena acorde con esa rabia que preside o texto. Todo se andará.









RAPEAMOS EN GALEGO

http://youtu.be/eoDBRY17xOk: Woyza

http://youtu.be/21JRcDGlb40: Duke Sam

Dios que te crew: páxina de youtube con moitas cancións do grupo

Dios que te crew: páxina web do grupo

http://youtu.be/Ks-PzZPekOI: Puto Coke ( ex-alumno do ROU)

http://youtu.be/IUwe7qJumxc: Labregos no tempo dos sputniks









venres, 11 de maio de 2012

retratos


Os alumnos de plástica de 4º da ESO aprenderon a facer gravados e expoñen algúns dos seus traballos na entrada do instituto. O parecido conseguido fai innecesaria calquera aclaración. Parabéns aos nosos artistas plásticos!























mércores, 2 de maio de 2012

Invencionario





Onte fomos ao campo. Mentres eu lle leixaba o disco voador á miña cadela, a miña perseixa menor xogaba co meu curmán aos tendeiros, primeiro ía coguixar un e logo a aoutra.
Á hora de lardar todos tiñamos fame. Todos menos un, Luís, o meu pelinto, que non paraba de laiarse de que ninguén levara unha pibonta e que el quería escoitar o marondo, que xogaba o seu cumpo preferido e tiña que palcar.
Despois de lardar durmimos unha pequena xindra. E á tardiña volvemos para as nosas respectivas gaxelas.

SARA



venres, 27 de abril de 2012

Queremos tanto a Cortázar

Instrucciones para subir una escalera


    Nadie habrá dejado de observar que con frecuencia el suelo se pliega de manera tal que una parte sube en ángulo recto con el plano del suelo, y luego la parte siguiente se coloca paralela a este plano, para dar paso a una nueva perpendicular, conducta que se repite en espiral o en línea quebrada hasta alturas sumamente variables. Agachándose y poniendo la mano izquierda en una de las partes verticales, y la derecha en la horizontal correspondiente, se está en posesión momentánea de un peldaño o escalón. Cada uno de estos peldaños, formados como se ve por dos elementos, se situó un tanto más arriba y adelante que el anterior, principio que da sentido a la escalera, ya que cualquiera otra combinación producirá formas quizá más bellas o pintorescas, pero incapaces de trasladar de una planta baja a un primer piso.

   Las escaleras se suben de frente, pues hacia atrás o de costado resultan particularmente incómodas. La actitud natural consiste en mantenerse de pie, los brazos colgando sin esfuerzo, la cabeza erguida aunque no tanto que los ojos dejen de ver los peldaños inmediatamente superiores al que se pisa, y respirando lenta y regularmente. Para subir una escalera se comienza por levantar esa parte del cuerpo situada a la derecha abajo, envuelta casi siempre en cuero o gamuza, y que salvo excepciones cabe exactamente en el escalón. Puesta en el primer peldaño dicha parte, que para abreviar llamaremos pie, se recoge la parte equivalente de la izquierda (también llamada pie, pero que no ha de confundirse con el pie antes citado), y llevándola a la altura del pie, se le hace seguir hasta colocarla en el segundo peldaño, con lo cual en éste descansará el pie, y en el primero descansará el pie. (Los primeros peldaños son siempre los más difíciles, hasta adquirir la coordinación necesaria. La coincidencia de nombre entre el pie y el pie hace difícil la explicación. Cuídese especialmente de no levantar al mismo tiempo el pie y el pie).

   Llegando en esta forma al segundo peldaño, basta repetir alternadamente los movimientos hasta encontrarse con el final de la escalera. Se sale de ella fácilmente, con un ligero golpe de talón que la fija en su sitio, del que no se moverá hasta el momento del descenso.








Aí atrás conseguimos este texto de Cortázar on line e púxémolo na pantalla grande da biblioteca para darlle unha lectura tamén grande.  Todo o mundo quedou sorprendido da asombrosa facilidade que o autor ten para expresar da maneira máis complexa que se poida imaxinar os actos reflexos que realizamos sen pensar nos nosos desprazamentos cotiáns. Neste caso, subir unha escaleira. O que nos quedou moi clariño é que a maioría das fazañas que realizamos inconscientemente son moitísimo máis doadas de realizar que de explicar, que ás veces as explicacións constitúen todo o desafío intelectual a realizar e que o corpo está dotado dunha intelixencia especial para a acción que non cabe en ningún tipo de explicacións alén da literatura, que sempre anda de brincadeira.

Entón demos renda solta ás nosas capacidades expresivas e propuxémonos facer pequenos textos  con temas inimaxinables. Ou sexa, decidimos algo así como aplicar unha lupa moi potente ao día a día ata conseguir ver con ela todos os pequenos milagros que cada momento ten. E, nalgúns casos, saíron cousas como estas:


EU E MÁIS A PEDRA

Un día calquera viña de volta a casa. Mentres camiñaba obsevei un momento o chan. Ao facelo encontrei unha pedra. Aquela pedra tiña algo especial, non sei, pero interesoume tanto que a levei comigo a casa. Mentres andaba empezamos a falar, encantábame falar con ela, sabía que sempre estaría disposta a escoitar os meus problemas. Todos os días ía con ela xogar ao fútbol ( era malísima xogando, nunca metía gol), baloncesto, camiñar. Unha vez case morre xa que a levei á piscina e a pobre case afoga. Tiven que facerlle o boca a boca.
Un día calquera, faltábame o xeado de morodo da neveira. Pregunteille se o lambera ela pero negouse a dar ningunha resposta. Enfadeime con ela e deixei de falarlle. Cada día estaba máis triste e doíame estar sen ela. Unha semana máis tarde decidín volver a falarlle. A pedra non estaba! O cazurdo do meu irmán pequeno guindouna pola ventá.
Despois daquel incidente caín nunha depresión e levoume dous anos saír, pero hoxe en día aínda me quedan secuelas. Ao meu irmán retireille as falas.

YOUSSEF




CONVERSA TELEFÓNICA


Un grupo de homes están na piscina, soa un teléfono e un  deles sae da auga. Colle o aparello e di:

- Aló?
- Querido?
- Querida?
- Estás na piscina?
- Si
- Estou nunha tenda de roupa e acabo de ver un conxunto precioso, podo mercalo?
- Pero canto custa?
- 155 euros
- Ben, vale, se tanto che gusta!
- Ah! e acabo de pasar por diante dun concesionario de Mercedes e estaría ben cambiar o BMW......xa......o vendedor díxome que nos facía prezo...
- Canto?
- 150.000
- Ummmm...ben, de acordo.
- Ah! outra cousiña.....pasei por diante dunha inmobiliaria e tiñan en oferta unha casa con xardín moi grande, ao pé da praia.....só 53 millóns.
- Ben, vale, pero nada máis eh!
- Grazas, cariño. Como te quero!
- E eu a ti, meu ben.
Despois de finalizar a chamada  o tal volve á piscina co aparello na man e pregunta: De quen é este móbil?

PIERO





INSTRUCIÓNS PARA RAÑARSE


Para empezar tes que notar que che proe algo. Se ves que o pruído non cesa, non tes máis que localizar o sitio, mover o brazo en dirección a ese lugar ata dar co punto exacto. Unha vez alí, colles un dedo e déixalo escorrer esfregando suavemente a uña contra a pel. Se iso non abonda, pódeste servir doutros dedos para repetir o mesmo movemento pero sempre alternándoos, sen perder o ritmo. Non esquezas que andar a rañarse non sempre é bo, no sitio da rañadura pode aparecer unha ferida. E ademais xa o di o refrán...."O comer e o rañar todo mal é empezar"


LUCAS







luns, 16 de abril de 2012

San Simón: A illa da memoria

A Illa de San Simón // http://cuadernodelasletras.blogspot.com/
View more PowerPoint from Maria José


Cachinando nos programas que permiten verquer na rede os traballos que imos facendo, demos de novo co Slide Share e tentamos descargar material que tiñamos sobre as marabillas da Ría de Vigo. Concretamente  varias presentacións en Power Point sobre a toponimia, arboredo, lugares emblemáticos, historia, configuración xeográfica......pero topamos con dificultades porque pesan de máis e non admite arquivos con máis de 10MB. Así é que teremos que facer unha selección e alixeiralos para poder experimentar con eles na rede nese tipo de formato. Outra opción é pagar a descarga....pero parece que non está o forno para bolos nas arcas públicas ( sempre e cando non se trate de capturar elefantes, claro). Pero como non hai mal que por ben non veña, demos cun precioso traballo xa en rede que cumpre  cos nosos obxectivos básicos orixinais, que é amosarvos todo canto poidamos da nosa contorna inmediata. E velaí tendes unhas cantas diapositivas sobre un dos lugares máis emblemáticos e queridos da nosa ría: a senlleira e enigmática Illa de San Simón. Esa historia hai que contala de vagar.



venres, 13 de abril de 2012

facendo os soños realidade






Hoxe tivemos o inmenso pracer de facer unha multisesión adicada ao audiovisual galego no Uruguai. Improvisamos un patio de butacas na biblioteca e alá fomos cos de 1º e 3º  falar e ver en pantalla grande como pouco a pouco vai callando un audiovisual galaico no que, sen dúbida, todos temos un pequeno gran de area que aportar. 

Os nosos invitados foron nada máis e nada menos que o director e os actores e actriz principal do último traballo cinematográfico estreado na nosa terra: Vilamor. Neste filme recréase a apaixoante historia duns mozos e mozas que decidiron alá polo principio dos oitenta montar unha comuna nunha aldea abandonada do Caurel. O filme estreouse con éxito onte en Vigo e xa se pode ver en tres salas da cidade. Hai que ir alá. Estreas en galego son unha auténtica rareza que non imos desaproveitar. Ademais,  quedamos todos invitados a participar nun concurso de vídeo que fomente o noso cinema.

Como nos deu tempo, os pequenos amosaron aos de 3º os seus traballos lexicográficos en vídeo e os de 3º amosaron aos pequenos os seus. Foi moi divertido escoitar as peticións de revisionado de vídeos e os aplausos entusiastas do público. A temperatura na biblioteca subiu considerablemente cando demos cun vídeoclip de Toñito de Poi na nova páxina web do audivisual en Galiza que tenta tapar o gran furado que deixou Flocostv. 

Boa fin de semana a toda a comunidade educativa do Uruguai e que sigan agromando ideas gloriosas para que todos os nosos soños callen en fermosas realidades.

Algúns enlaces sobre a película:

1. Páxina web de Vilamor. Material fotográfico, tráilers, equipo, etc.
2. Blog de Vilamor onde aparecen as bases do concurso de vídeo e todo tipo de información sobre a súa estrea.
3. Críticas na prensa