O que che vou contar dixéronmo nun bar de Monforte un día tomando unha cuncas de viño.
Seica bastante tempo atrás, unha rapariga nova e fermosa non daba con mozo ningún que lle gustase, e ao que lle facía as beiras sempre lle dicía que non.
A rapaza, farta de non atopar ninguén do seu xeito, decidiu ir falar coas meigas por ver se lle podían facer un feitizo que propiciase a aparición do home dos seus soños.
As meigas, loxicamente, vivían afastadas no máis alto do monte. Pois ela subiu ata alí para facerlles o encargo. Cando chegou, as meigas negáronse a saber nada daquel asunto: " O home dos seus soños", vaia trapallada! Despois dunha longa discusión, as meigas aceptaron e botáronlle tal meigallo que xa camiño de volta á aldea bateu con varios homes, algúns descoñecidos, que aseguraban estar perdidiños de amor por ela. No pé do monte había un grupo deles pedíndolle casamento. A rapaza virou vermella primeiro e despois despediunos a todos dicíndolle que non. Camiño da casa atravesou un bosquiño e detrás de cada árbore había un pretendente.
De alí a pouco tempo a rapaza, farta de tanto galanteo inútil, pois ningún daqueles pretendentes se parecía nin o máis mínimo co que ela soñaba, decidiu suicidarse, o conto non di con que nin como.
Xa o di o refrán: Máis vale paxaro en man que cento a voar
IDEA DE: SABAS
IDEA DE: SABAS
2 comentarios:
Este texto amosa moi ben as características de Anxel Fole, xa que nel encontrase a oralidade, as mencións ó ointe e o remate cun refrán popular. Trata a temática que utilizaba Fole, que é o realismo máxico popular, xa que fai referencia as meigas, feitizos, etc....
A verdade e que este texto está moi ben resolto, porque soibo por moitas das características de Fole, ademais que é un texto que se adapta moito a literatura Galega daquel tempo.
Publicar un comentario