venres, 12 de outubro de 2012

Vigo - Arquitectura Perdida





Con este vídeo reiniciamos a  actividade blogueira no carallocorou. Este curso contaremos coa colaboración do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.
Vello tema, o da arquitectura perdida en Vigo. Non é a primeira vez que recalamos nel e nos damos conta da inimaxinable cantidade de barbaridades urbanísticas que caeron como bombas nesta cidade en forma de cemento e ladrillo.
En 4º da ESO estamos tentando entender como era Vigo a principios do séc.XX, cando empezaron as conserveiras a revoulución industrial en Galiza. Os edificios derrubados ou mal parcheados son todos do estilo modernista que tanto abunda nas vilas costeiras do noso país. De telos conservado o centro de Vigo sería hoxe unha magnífica réplica dalgúns fermosos bulevares de París. En vez diso, quédanos unha pálida imitación de urbanismo neoiorquino cutre e feísimo. 
Felicitamos aos autores deste vídeo pola recreación virtual dese Vigo perdido.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A verdade é que impacta moito o video xa que as reconstrucións son moi realistas. A miña opinion persoal é que non todo cambiou para mal xa que moitas cousas me gustan máis agora. Por exemplo: O Náutico de Vigo e coma exemplo do que non me gusta os edificios derrubados da Rúa Príncipe.

Corba.

Anónimo dixo...

Neste video podemos observar a evolución que sufriu en menos dun século Vigo; os edificios derrubados intentaban imitar o estilo modernista: evitar as esquinas, os ángulos, as aristas e era moi cargado de detalles nas fachadas esteriores, mais houbo o "Boom urbanistico", a especulación, o diñeiro fácil e as construcións de estilo tiráronse abaixo para montar no sitio vivendas máis rendibles
Javi