venres, 6 de maio de 2011

Chano Piñeiro - Mamasunción (1984) Parte 1



Wiquipedia

Vídeo homenaxe

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Opinión persoal:
Encantoume o detalle de que non se nomee o nombre do fillo de mamasunción, xa que fai referencia a cantidade moi elevada de fillos que tiveron que emigrar de Galiza polos tempos tan tráxicos que se vivian.Tamen me chamou a antención o detalle de que o Bébedo do pobo sea o unico que dí a verdade, xa que os veciños, impulsados polos tempos de pobreza e miseria, vense impulsados a enganar a sua vecniña para quedar co diñeiro.
Gran curtrametraxe, felicitacións a mestra de galego por amosanolo, grazas.
Sr.Bob

mike dixo...

Pareceume unha boísima curtometraxe xa que reflexa ben o que pasarían moitísimas familias cando algún parente seu tivese que emigrar durante tantos anos sen ter ningunha noticia súa, tanta sería a dor de esa xente que como ben se mostra na curtometraxe incluso unha gran suma de diñeiro non a compensaría nin no máis mínimo, tamén aparece o aspecto avaro da xente na curtometraxe, que tal é que incluso son capaces de enganar a unha pobre señora que só quere saber noticias do seu querido fillo.

DCC dixo...

É unha boa película. Amosa a vida cotiá da vella e os costumes da aldea. Tamén a pobreza e o que os veciños están dispostos a facer por diñeiro. A protagonista rebélase en silencio queimando o diñeiro.

SABOROSO dixo...

Esta curtamentraxe amósanos a Galiza rural nos tempos da ditadura e como tantas nais quedaron soas ao lles emigraren os homes e os fillos. Buscaban un futuro mellor e diñeiro para sacar da pobreza á súa familia. As nais agardaban pacientemente o seu regreso. Neste caso a volta nunca se produciu.

AOM dixo...

Unha muller anciá agarda durante 40 anos unha carta do seu fillo. Cando por fin chega entéirase de que lle morreu e ela queda herdeira da súa fortuna. Pero a vella o que quería é velo a el, non ao seu diñeiro.
A curtametraxe gustoume moito polos detalles "graciosos" como o borracho, que é o que sabe ler. Tamén é unha historia tráxica en que se reflexiona sobre a importancia da vida antes que ningún ben material.

PARRULA dixo...

Gustoume moito esta historia, deume un pouco de pena pero eu penso que fixo ben en queimar os cartos, eu faría o mesmo.

PIMPIN dixo...

Non podendo volver estar co fillo, para que quería ela o duñeiro?
A lingua utilizada é dialectal do interior de Ourense, está tan ben recollida que case te pilla por sorpresa e ao principio non se entende. Os diálogos son curtos pero moi ben tratados. Unha moi boa proposta cinematográfica.

Caillou dixo...

É unha fermosa historia que fai reflexionar sobre o verdadeiro valor das cousas, que é nin máis nin menos que o que nos lles demos.

POCOYO dixo...

É unha boa curtametraxe que mostra as vivencias de antes dunha maneira concisa. Fainos ver o duro que era a emigración, que moitos nunca volvían o seu fogar e como sofrían as súas familias, neste caso, unha pobre vella que non sabe nin ler.
Serve para reflexionar e ver o dura que era a vida antes e a cantidade de facilidades e comodidades que temos hoxe en día.

gabo dixo...

A historia trata sobre unha vella que espera coarenta anos por unha carta do seu fillo que emigrou a mexico. Cando esta a recibe se a da unha veciña para que xa lea pero esta mente. Mais adiante lle da a carta ao borracho do pobo que se a le enteira enton a vella enterase de que o seu fillo morreu e que lle deixou como herencia moito diñeiro. Cando so dan ela bai para dentro da casa e cerra a porta e ponse a queimalo.
COMENTARIO:
E unha historia triste xa que a vella o unico que quere e o seu fillo non o diñeiro. Esta curtametraxe e os seus dialogos estan moi ven preparados e a min gustoume.