Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
venres, 15 de abril de 2011
xoves, 7 de abril de 2011
NAVY BAR / Manoel Antonio

NAVY BAR
Este bar ten balances
E tamén está listo
para se facer á vela
Enchéronnos o vaso
con toda a auga do mar
para compór un cock-tail de horizontes
Pendurados das horas
atlas xeográficos de esperantos
están sen tradución
E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras.
Ese cantar improvisado
é o mesmo
que xa se improvisou nalgures
Quen chegou avisándonos
desa cita nocturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas?
Aquí de incógnito
o Mariñeiro Descoñecido
-sen xeografía nin literatura_
A noite dos naufraxios
co seu brazo salvavidas
aferrará connosco unha vela de chubascos
O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas
Polas rúas dispersas
iámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar
Manoel Antonio: De catro a catro, Editorial Nós, 1928
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)