

Gipini, o carpinteiro, levaba toda a súa vida só, nunca tivo moita sorte, nin coas amizades nin coas mulleres, pero era un bo carpinteiro, o máis recoñecido de Marín de Arriba.
Un día, farto de tanta soidade, comezou a fabricar un robot, pero non era experto en modelaxe de metal, así que optou por facelo de madeira; os primeiros prototipos arderon e había perigo de que matasen alguén, pero uns anos despois conseguiuno, e púxolle Penico.
Anos máis tarde, Penico xa ía ao colexio, estudaba moito e tiña moitos amigos. Pronto pasaron a infancia e a adolescencia e non tardou en facerse adulto. Penico descubriu que canto máis mentía, mellor o facía. Fixádevos que conseguiu enganar a xente toda e por votación popular chegou un bo día a facerse presidente...
Agora é un dictador severo e inflexible.
Versioneado por.....CENTOLOMAN
14 comentarios:
É orixinal, pero eu nunca querería que un robot de madeira chegase a dictador.
UXÍA
É un pouco aberrante.
SABOROSO
e que dictadura non é unha aberración?
Non me gusta que Pinocho se convirta en ditador.
ADAN
Está ben porque foi capaz de cambiar a historia
CAIOU
Cos cambios introducidos cambiou todo o sentido da historia
POCOYO
Poñerlle Penico é moi orixinal. Boto en falta as escenas explícitas de violencia.
SARAVASTI
Paréceme un conto bastante ben argumentado
FELPS
Penico, é un nome moi orixinal. Significa 'ouriñal'. A final é imprevista e di moito sobre os ditadores reais.
PIMPIN
Versión divertida aínda que un pouco salvaxe.
MIKE
Mentindo, mentindo un sempre pode coidar ser alguén importante.
A final reconvertida é un pouco tráxica
É unha boa adaptación, ten sentido e coherencia de ideas.
BOB
Moi realista, con sátira moi propia do autor.
INR/8
Publicar un comentario