luns, 24 de xaneiro de 2011

MINISOÑO


Érgome pola mañá para ir ao instituto. Almorzo na cociña e despois vou ao cuarto para me vestir. Logo vou ao baño e lavo os dentes. Cando termino vou de novo ao cuarto de durmir, poño a cazadora, dispóñome a saír pola porta, ábroa e xa estou entrando polo insti. Soa o espertador da realidade e acaba o soño.

2 comentarios:

angola dixo...

supermini de todo. Máis que un soño está descrita unha situación onírica: abres a porta para saír da casa e non saes, senón que entras.Interesante.

saboroso dixo...

Curioso suceso, non me pasa pola cachola chegar tan cedo ó instituto.
Como chanza: "ó es Clark Kent o eu non sei"