Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
venres, 18 de xuño de 2010
Paranoia dixital
Este vídeo xa o vimos en pantalla grande na Biblioteca. Todos-as fixestes un comentario en soporte papel que entreguei correxido. Podedes verquer eses comentarios aquí ou actualizalos. O vídeo serve de enlace con flocos.tv, onde poderedes atopar a mellor oferta de audiovisuais feitos en Galicia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Eu penso que nos quere demostrar o impacto da tecnoloxía sobre a nosa vida cotiá, que o protagonista se sente superior á máquina e esta cabrease e matao. A curtametraxe gustoume.
Lúa.
eu creo que esta pelicula nos quere reflectir que o xoven sabe máis que ninguén e que por iso sentese superior ata que se mete nun lío coa máquina e dase conta de que non sabe nada e que unha máquina é máis lista ca él.
Elena.
Esta curtametraxe vai dun home que entra nun caixeiro a sacar diñeiro. Pero este caixeiro fala e escoita. O home empeza medio en broma con el pero a medida que pasa o tempo vaise cabreando e pretende romper o caixeiro do furioso que estaba, pero o caixeiro o mata. O día seguinte aparece o mozo morto. Cabe destacar o seu uso do idioma, xa que elixe o galego pero el segue falando en castelán, o que indica que sente vergoña do galego. O tema central da curta son as desvantaxes da tecnoloxía moi novedosa no mundo actual.
Lusekelo
Eu creo que primeiro quere demostrar que a tecnoloxía é util ata un punto, despois pode chegar a ser perigosa e descoñecida. Tamén quere dar a entender que diante da xente facemos e falamos como quere a xente para quedar ben pero cando non hai ninguén máis actuamos como sempre facemos.
Gervasio
Eu creo que o que quere transmitir este vídeo é que os galegos lle temos tan pouco aprecio á nosa lingua que a deixamos para as funcións máis simples da vida e que empregamos linguas extranxeiras para o que cremos que é máis ''fino'' dependendo da súa modernidade. Todo o que consideramos vello e monótono en galego, o que consideramos que é do nivel ''normal'' e da nosa xeración en castelán e o que cremos que é moi ''fino '' o dicimos en inglés ou noutra lingua extranxeira na que nos manexemos mal para facer crer ós demais que a falamos ben, pero de seguro que a meirande parte dos que empregan expresións en inglés, no caso de iren a inglaterra de seguro falarían na súa lingua materna, porque como nese país a súa lingua sería extranxeira pois queda como moi ''fina''. O mesmo pasa cós galegos que rexeitan a súa lingua cando están en galiza e presomen de coñecela cando están fóra, porque como fóra é unha novidade que alguén fale galego... Ben, pois aínda que teño moitas cousas que botar en cara a moitos galegos e galegas, comezando polos meus pais, que nin me aprenderon a lingua galega nin fixeron que fora unha lingua normal para min á hora de empregala e rematando por min, por darlle tan pouco uso, pero non teño tempo para porme a escribir aquí toda unha novela, polo que vou marchar. Abur.
BNhoGZ
Publicar un comentario