xoves, 12 de novembro de 2009

Heroína: cinema en galego e feito en Galiza


O Departamento de Normalización Lingüística levou recentemente o alumnado de 4º da eso do ROU ver a película Heroína versioneada ao galego. Como xa case todas saberedes, está baseada en feitos reais acontecidos na cidade de Vigo e a protagonista , a nosa nai coraxe, é tamén unha muller real que viviu o pesadelo da adición do fillo e non se limitou a aturala, loitou e mobilizou a toda unha xeración de mulleres coas que montou a asociación ERGUETE de axuda a drogodependentes. O filme amosa como elas foron á raíz do problema incidindo na impunidade con que se moven os narcotraficantes para amasar inmensas fortunas familiares a costa da saúde física e mental das xeracións máis novas da poboación. Pero quen isto escribe está convencida de que os alumnos viron outros aspectos interesantes no filme e estarán encantados de verquer as súas opinións e valoracións no noso blogue. Adiante.

8 comentarios:

Unknown dixo...

A película conta a historia dunha nai que ten un fillo drogadicto,e en consecuencia problemático.
O filme centrase na loita da nai e doutros pais para que os narcotraficantes sean detidos e encarcelados.

A min a película gustoume porque reflicte unha realidade que aínda se dá hoxe,que son as drogas,e sobre todo gustoume a coraxe dos pais para facer xustiza aínda correndo perigo de morte.Tamén me gustou a crítica que fai os xuíces e os policías que son suboruados para facer a vista gorda cos narcotraficantes que pasan a droga.

Lusekelo

luna dixo...

A película trata dun tema actual, dunha situación pola que podemos pasar todos. Os problemas que tiveron os pais por intentar axudar os seus fillos, vívenos tamen moita xente hoxe en día.
Algún dos bares que saen na película suegen hoxw en día traficando.
A película gustoume, paréceme ben que nos leven a ver películas dese tipo, para concenciarnos dos pesigos ós que estamos espostos.

Unknown dixo...

A película paréceme bonita dende o punto de vista de que está baseada en algo que ocorreu en realidade; e o tema da drogadicción é un tema que concerne a moitas familias con fillosenfermos por culpa da drogaque non dan curado, ben poruqe non queren deixala, ben poruqe non son capaces ou porque non teñen a axuda suficiente como para verse, despois dun tempo, animados a deixar de dorgarse.... áínda que tamén hai familias que conseguiron recuperarse despois deste problema.
Esta película gústame pola fortaleza das nais con fillos drogadictos, en especial a protagonista, que por axudalo a curar foi capaz de deixar o seu traballo e crear unha asociacion contra a drogadicción, con todos os problemas que iso lle impuxo, como as ameazas de morte; aínda que non me gustou que despois empezaba a codearse con políticos e xente de alta posición sociall. Mais en xeral, a película gustoume.
Duende

Unknown dixo...

A película Heroína, gustoume porque porque fala da droga, que é un problema moi importante. Aínda que ten cousas que non me gustan, posto que se repite demasiado a loita das mulleres eo de que intentan matar á protagonista. Tampouco me gustou o momento no que Alfonso vomita, notábase que era falso, era vermello e amarelo á vez.

BNhoGZ dixo...

Heroína é unha película que me gustou moito, posto a que reflicte unha realidade moi común hoxe en día e tamén moi tráxica, o tema das drogas. Heroína non só nos ensina q as drogas son malas, senón que detras diso hai todo un negocio montado que se beneficia. As drogas non só destrozan a vida dos que as consomen, senón que tamén destroza familias enteiras, e o sacrificio desas nais polos seus fillos toxicómanos pareceume un feito memorabel. pareceume de moito valor e coraxe o feito de lle plantaren cara ós policias corruptos e ós camelos.







BNhoGZ

Adela Rodríguez dixo...

Recomendo a película porque ensina o amor das nais aos fillos e podemos aprender moitas cousas como por exemplo a vida de Carmen Avendaño.
LaUrA*

Recomendo esta película porque ensina a loita das mulleres contra a droga e así elas demostran ao mundo que valen igual ca os homes.
ZyÓn*

Anónimo dixo...

É a segunda vez que veo esta pelicula e aínda me gusta.Gustame a forma na que a nai defende,protexe e axuda o seu fillo ata o final facendo todo o posible por apartalo dese mundo de merda que son as drogas.

Anónimo dixo...

a peli pareceume interesante mais foi un pouco longa.creo que as drogas deberian desaparecer do mundo e asi non facer sufrir mais a ninguen.tamen penso que a xustiza deberia facer algo o respeto para no ndestrozar a mais familias.