Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
mércores, 21 de marzo de 2012
FAUSTINO SANTALICES & coplas de cego
Coincidindo co certame de regueifas aí tendes un exemplo de cantares de cego, o Romance de don Gaiferos , interpretado maxistralmente por Faustino Santalices, acompañado da zanfona. A zanfona é unha orquestra completa. Xa investigaremos máis nela. Disfruádeo, destas cousas xa non quedan.
Etiquetas:
instrumentos tradicionais,
literatura popular,
vídeos
martes, 7 de febreiro de 2012
mércores, 25 de xaneiro de 2012
Unha viaxe á Illa dos Mortos
Por incrible que pareza, o mar e os temporais descobren periodicamente tesouros agochados dende tempo inmemorial. Neste vídeo podedes ver monumentos megalíticos nunha pequena illa da Ría de Arousa descubertos tras os últimos temporais. Fixádevos nas pequenas dimensións da illa, na acumulación de areas que quedaron fixadas pola vexetación e no que se agocha entre os penedos o medio sepultado pola area que vai e vén coas mareas. O vídeo foi atopado de maneira fortuita en Youtube cando estaba recén baixado e xa ten un lote de comentarios. Vexamos o que se vos ocorre a vós.
venres, 13 de xaneiro de 2012
domingo, 8 de xaneiro de 2012
Memoria histórica de Isaac Díaz Pardo
Esta é unha das pinturas favoritas do autor, titúlase A nave espacial, 1964. Realizouna pouco antes de abandonar a pintura convencional para adicarse a outras actividades, entre elas a recuperación da fábrica de cerámica de Sargadelos. Un repaso autobiográfico é o que podedes ver neste enlace , un documental de menos dunha hora en que o autor fala de si mesmo e dos acontecementos que lle tocou vivir.
sábado, 24 de decembro de 2011
Castelão, voz real, desde Uruguay (subtítulos en galego tirando a portugués)
Este pequeno discurso na voz de Castelao pronunciouse en Montevideo para presentar a obra Os vellos non deben de namorarse, cando se representou por primeira vez. A obriña fora concebida en Galiza nos anos da República e rematou de configurarse no exilio. Un pracer dar coa voz do autor.
O Uruguai e máis nós in Tirarrollas
Plantamos un ceibo in Tirarrollas
Etiquetas:
Castelao,
documentais,
o Uruguai e máis nós,
vídeos
martes, 20 de decembro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)