O pasado mes de decembro despedimos o primeiro trimestre do curso 2017-18 cunha posta en escena de varias Cousas de Castelao. A idea desenvólvea o grupo Os Quinquilláns en colaboración coa editorial Galaxia. Como amosan as imaxes, foron quen de levar ao escenario a estética de contrastes moi característica do autor. Moi boa idea!
Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
venres, 12 de xaneiro de 2018
POSTA EN ESCENA DE Cousas
O pasado mes de decembro despedimos o primeiro trimestre do curso 2017-18 cunha posta en escena de varias Cousas de Castelao. A idea desenvólvea o grupo Os Quinquilláns en colaboración coa editorial Galaxia. Como amosan as imaxes, foron quen de levar ao escenario a estética de contrastes moi característica do autor. Moi boa idea!
venres, 1 de decembro de 2017
luns, 22 de maio de 2017
venres, 7 de abril de 2017
As bibliotecas viventes
Onte, 6 de abril, o alumnado de 4º da ESO asistiu ás bibliotecas viventes no pavillón de As Travesas. Todos os libros vivos que están ao noso dispór este ano teñen temática deportiva. Dende un afeccionado á bicicleta de montaña a un xogador olímpico veterano, dende unha árbitra de balonmán ata unha taikondista. Todos eles e elas contaron a súa longa experiencia no mundo do deporte local e internacional. Mesmo hai un libro vivo sobre as retransmisións radiadas e televisadas de eventos deportivos. Agradecemos ao concello esta valiosa oferta educativa para o alumnado da escola pública viguesa. Os rapaces disfrutaron dunha conversa en galego informal e tiveron oportunidade de investigar en cada libro todos os aspectos que reclamaron o seu interese. Para o curso que vén contade de novo connosco!
xoves, 23 de marzo de 2017
Pardo de Cela. Documental
Documental emitido por TVE2 no ano 2013 sobre Pedro Pardo de Cela, O Mariscal é o protagonista absoluto do convulso século XV galego. Decapitado publicamente na praza maior de Mondoñedo, converteuse nun mito do que se conserva un pequeno romance popular anónimo denominado
O pranto da Frouseira
| Castelo de Castrodouro e ao fondo o pico da Frouseira |
Etiquetas:
4º eso,
a memoria,
documentais,
literatura popular
martes, 8 de novembro de 2016
Os vellos non deben de namorarse ( UNHA OBRA ILUSTRADA)
Recólllense neste vídeo as ilustracións que Castelao elaborou para a posta en escena da obra, que se representou por primeira vez en Buenos Aires no ano 1941.
O uso de máscaras é un trazo vangardista extraído do simbolismo europeo para conseguir distanciar o personaxe do actor que o representa. A máscara amosa trazos básicos de personaxes arquetípicos, como no teatro clásico.
e
luns, 13 de xuño de 2016
Un Tesouro baseado no texto de ANXEL FOLE
http://www.crtvg.es/cultural/especiais/o-tesouro
Ficha técnica:
- Dirección e realización: Xaime Fandiño
- Director artístico: Suso Montero
- Produción: Hilario Pino
- Intérpretes: Maxo Barjas, Evaristo Calvo, César Cambeiro, Xan Cejudo, Manuel Manquiña, Marcos Orsi, Pepe Penabade, Luís Tosar e Luís Zahera
- Sinopse: O mundo do fantástico e do descoñecido da man de Ánxel Fole. Adaptación televisiva do conto de Anxel Fole, en formato 16:9 e gravado en vídeo dixital. O Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, o pazo e a igrexa de San Lourenzo e o Hostal dos Reis Católicos, en Santiago foron as localizacións elixidas para a gravación.
Etiquetas:
4º eso,
Ánxel Fole,
cinema galego,
vídeos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

