DENTRO DO XOGO
Atopábame eu xogando tan tranquilo na miña casa a un xogo de consola de disparos. Non sei como conseguín transformarme nun personaxe do xogo, un soldado. Levo unha pistola nas mans. Estou aterrado, tento escapar correndo pero hai moitos disparos e sangue que semella real. Decido tumbarme e agardar a que acabe aquel inferno. O problema é que aparece un home moi grande, armado cun fusil, e dá comigo. tento escapar. Por puro costume, busco o botón de saída do mando da consola, pero cada vez que o intento, o mando desaparece. Logo só sei que aquel home dixo nun ton moi grave e baixo: pum!. Eu caio morto e esperto aterrado e suando a fío na miña cama.
Creo que debo deixar os videoxogos de disparos.
POR: OTORTO
POR AQUÍ E POR ALÁ
POR: NEGRO
A MÁIS DE 37 GRAOS
Teño febre. Estou quedo, calado, como se estivese noutro mundo. O meu pensamento céntrase só nunha cousa, non facer ningún esforzo sen deixar de facer o esforzo necesario para non esforzarme.
Vexo un mundo baleiro, alaranxado, o chan semella de terra mollada; hai unha especie de camiños en forma de valgadas. Ao esforzarme en entender, un son moi moi molesto me invade e logro ver borrosamente miles de pernas pasando moi de présa polas valgadas. Cando deixo de esforzarme un silencio que mete medo aparece.
Sempre é así, a mesma ensoñación, cos mesmos detalles.
POR: PAPAIA
POR AQUÍ E POR ALÁ
Estaba eu sentado no coche dun home, nun asento de plástico.......e batemos cun muro. Abro os ollos e doume conta que estamos na costa italiana, percorrendo a estrada cunha Vespa. Levo unha moza coñecida no asento de atrás e cando abro os ollos de novo, batemos contra un móbil. A moza desaparece e eu caio en picado nunha montaña rusa. Chimpo no momento de caer e a miña caída dura moitísimo, para a miña sorpresa son capaz de ver como é o golpe. Morro no acto.
POR: NEGRO
A MÁIS DE 37 GRAOS
Teño febre. Estou quedo, calado, como se estivese noutro mundo. O meu pensamento céntrase só nunha cousa, non facer ningún esforzo sen deixar de facer o esforzo necesario para non esforzarme.
Vexo un mundo baleiro, alaranxado, o chan semella de terra mollada; hai unha especie de camiños en forma de valgadas. Ao esforzarme en entender, un son moi moi molesto me invade e logro ver borrosamente miles de pernas pasando moi de présa polas valgadas. Cando deixo de esforzarme un silencio que mete medo aparece.
Sempre é así, a mesma ensoñación, cos mesmos detalles.
POR: PAPAIA
1 comentario:
que imaxinación tendes rapaces!!!
iso non me pasaria endexamais pola testa
Maricarme
Publicar un comentario