venres, 25 de maio de 2012

RAP GAÑADOR do concurso de creación 2012




NON HAI BENEFICIO SEN SACRIFICIO


Dixéronme de facer un rap apoiando galiza
en cambio eu prefiro falar deste mundo cheo de inxustizas
Dixéronme que co tema Galiza gañaría o primeiro posto
pero gañar para min non é polo que eu me esforzo.

Eu vou falar por exemplo de prexuízos
eu o que busco desta letra é o beneficio

O beneficio que busco é unha apertura mental
para que nesta sociedade non haxa tanto subnormal,
non haxa tanto hipócrita, nin tanto neandertal,
nin tanto dirixente
que trate como títeres ao resto da xente
simplemente
trátase de cambiar unha sociedade para min tan repelente.
Onde te miran mal por non ser coma eles
vivir nesta sociedade é algo tan deprimente
que ás veces sinto a necesidade de acabar con todo
pero sento e reparo nunha frase coñecida aquí por todos
Esta frase é: "Non hai beneficio sen sacrificio"

Unha vez feita esta aclaración
pídovos que escoitedes a letra con atención.

Vivimos nun mundo cheo de inxustizas
pero seguro que moitos de vós
vivides aínda nunha realidade ficticia.
Un mundo de cor rosa
un mundo onde é menos importante o traballo
que o que pasa na prensa rosa,
un mundo no que non se pode ser feliz
porque sentimos o deber de consumir
e cada vesz máis fortemente
sacan o seguinte modelo
o anterior xa non interesa á xente,
tampouco falo de vivir sen nada modo último supervivente
por exemplo
non fai falata estar todo o día conectado a unha rede social
síntoo pero esta clase de xente para min non é normal.

Cambiemos a outro temario
a relixión
pídovos que ninguén se ofenda
isto é unha arte
unha arte de libre expresión

A relixión paréceme da sociedade o cancro
grazas a ela perdemos moitos avances
no pasado tachaban de tolos a libres pensadores
eran perseguidos e torturados
tan só por erguer as súas voces.
Como a xente pode crer en algo tan absurdo
como
que tan só somos monicreques dun ser que creou o mundo,
Din que Deus é bondadoso?
Por favor, a min o único que me provoca Deus é noxo,
por que se é tan bo como dicides  ocorren tantas barbaridades?
"Deus estableceu o libre albedrío" é o que contestades
Iso a min non me convence
Deus establecería a liberdade
pero iso non inclúe unha chea de enfermidades.
Por que un neno ten que crecer nun orfanato?
Nunca se me ocorrería entregarlle á igrexa un neonato,
convérteos en persoas sen pensamento propio
persoas sen cultura nin dereito ao ocio,
manipulan as súas cabeza inmaduras
para que despois lle practique a pederastia un cura,
a isto chamádeslle xustiza celestial?
Xúrivos que sorrirei o día do voso funeral.

Suponse que se preocupan polos pobres
pero as súas canerías asegúroche que non son de cobre;
teñem cartos a raudais
pero só se preocupan de adornar as súas putas catedrais;
suponse que Xesús vivía na humildade máis absoluta
pero os cregos non imitan esa conduta;
o Papa necesita roupas novas, coches caros
e gasta diñeiro sen ningún reparo;
España di que a nosa economía falla
pero se vén o Papa gástanse millóns nesa campaña.

En fin, outra mostra máis de hipocresía
de verdade
eu enfróntome a un caso diferente cada día.

Esta xente que cre que por ser eu un rapaz xa non sei nada

e nin sequera me dan dereito á fala
eles tan só argumentan cousas sen sentido
e quedan sorprendidos se lles contesto algo con contido
cando ven que perden a razón repiten unha e outra vez:
" Ti es tan só un rapaz, que carallo vas saber!"

Din que entre as persoas reina a igualdade
pero cando entro nunha tenda xa teño detrás un axente de seguridade
ségueme paso a paso
ás veces xúroche que me entran ganas de soltarlle un puñetazo
para ver se aprende
Por que non trata así ao resto da xente?
De verdade teño tanta pinta de delincuente?

Tamén temos aos nosos policías,
estes cren ser os donos da rúa noite e día;
se me ven pola rúa obsérvanme con atención
e na maioría dos casos pídenme a documentación.
Se resulta que non a levo enriba
métenme no coche e para a comisaría;
non  sería a primeira vez que me levan
supoño que algún deles xa me coñecía,
se lles pregunto algo dinme
"quietecito" e "sen tonterías"
e se me reboto converterase en algo máis grave
eu xa o sabía.

Hai uns meses detivéronme eses parvos
posesión de armas sen licencia fopron os cargos,
unha simple pistola de fogueo era o que tiña
e o peor é que nin sequera era miña
atopárona no chan tirada uns amigos
non sabiamos o que tiñamos
para nós era tan só algo tirado que colliamos
cando chegou a policía
agochada debaixo do abrigo eu tíñaa
preguntaron pola arma
nese momento perdín a calma
por suposto fun o primeiro en ser rexistrado
sería pola miña roupa ancha e o meu peiteado.

O que quero dicir é que todo está cheo de prexuízos e de enganos,
se escribo isto agardo que non sexa en van,
sei que ninguén vai escoitar
pero ao menos desafoguei contando o que detesto
neste texto.
Texto que sei que é bastante extenso
pero incapaz de ilustrar toda a rabia que levo dentro.



DIEGO DE 4º A


Ben, parece que a vella veta de escarnio e maldicir da lírica medieval goza de plena vitalidade e topa nas fórmulas irreverentes do rap unha magnífica canle de actualización. Parabéns ao autor do texto. Gustaríanos ter nalgunha ocasión a oportunidade de oílo cunha boa base de fondo e unha posta en escena acorde con esa rabia que preside o texto. Todo se andará.









RAPEAMOS EN GALEGO

http://youtu.be/eoDBRY17xOk: Woyza

http://youtu.be/21JRcDGlb40: Duke Sam

Dios que te crew: páxina de youtube con moitas cancións do grupo

Dios que te crew: páxina web do grupo

http://youtu.be/Ks-PzZPekOI: Puto Coke ( ex-alumno do ROU)

http://youtu.be/IUwe7qJumxc: Labregos no tempo dos sputniks









1 comentario:

Anónimo dixo...

Este rap é verdadeiramente asombroso, o autor seguro que ten moitísimo futuro coma tal.