Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
mércores, 13 de outubro de 2010
Benvido@s ao curso 2010-2011
SE EU FOSE DEUS
Onte, onte, creo que foi onte
onte
onte despois de noites e noites
onte despois de seis días
por fin descansei
e á fin onte
conseguín durmir
e ao durmir
tiven un soño
como ten que ser
terminou en pesadelo
e soñei e soñei
pensei
ben, soñei
deus non o queira, soñei que era deus
e se eu fose deus, sabes que faría?
se eu fose deus
as noites terían máis estrelas
andaría máis pola terra
para tentar ser home
aínda que a final morra
un atardecer calquera
o lugar
tanto ten onde
se eu fose deus
o diluvio aínda seguiría
bágoas que nunca terminan
canso xa desta ruína
que aburrido en sete días
fabriquei non hai tanto tempo
sen saber que facer nin o que facía
se eu fose deus
teríalle medo ao tempo
anos sen luces
silencio
estradas sen retorno dos días
descanso de almas sen vida
horas que liscan
horas que se suicidan
noite que te vas
dáme a túa man
noite que te vas
tómame da man
se eu fose deus
construtor de castelos no ar
que despois se enchen de homes
que aos ven os seus soños
perdérense nos desaugues
sumidoiros do céo
cloacas do inferno
se eu fose deus
voz que tremeu cando abalou
deixando a terra muda
como unha vella viúva
sen home, sen lembranzas, sen sepultura
vale, esquecíao
aínda me queda a lúa
se eu fose deus
noite soleada, as mañás agóchanse
escalando ao vento
un problema menos
cando morra
dorme o soño no tempo
e énchese de chuvia
oh, a chuvia
que dará a vida
noite que te vas
dáme a túa man
noite que te vas
tómame da man
ai, a miña vida
como mudou
se eu fose deus
pediríalle perdón ao demo
lucifer, que así foi chamado
que por negarse a ser un criado
non vos servirei, dixo
e por iso, para sempre
ao inferno foi desterrado
se eu fose deus
nunca podería ser deus
marcharía ao outro lado da noite
farto de deus
farto de facer sufrir
de vivir
e máis ca nada
de estar só
se eu fose deus
e ti me pedises a vida
queres saber que faría?
fíxate o que che digo
escoita, mira
que sen dubidalo nin un momento
xúroche por min
xúroche por deus
que cha daría
noite que te vas
dáme a túa man
noite que te vas
tómame da man
LOS SUAVES
http://widgets.grooveshark.com/finished?widgetid=22852795
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
26 comentarios:
O curso pasado por estas datas iniciamos este blog coa tradución dunha canción do inglés, e este curso non podía ser menos. Neste caso máis doado porque traducimos do castelán ao galego. O grupo é de Ourense e as letras están moi ben apoiadas polo aporte músical e a tremenda voz do vocalista.
Quen atope información interesante sobre Os suaves pode facilitala para incluíla aquí.
Saúdos políglotas.
se eu fose deus crearía un equilibrio para que o mundo fose un lugar mellor, que os homes tivesen respecto pola vida propia e pola dos demais, que lles importase a natureza e tamén erradicaría a fame e a pobreza
se eu fose deus
non sei que faría
acabar coa guerra quizais
acabar coa fame no mundo
se eu fose deus
tornaría o planeta
facéndoo grande
por dentro e por fóra
se eu fose deus
non sabería o que facer
deixaría todo como está???
máis planetas con vida
para podérmonos socializar
compartir as nosas ideas
rematar coas guerras
se eu fose deus, faría que as persoas aprendesen a poñerse no lugar dos demais, para saber como se senten
faría que toda axente que hai no mundo deixase de loitar
faría un novo mundo en que o aire fose o gas da risa para que a xente nunca estivese triste
pararía o tempo para poder disfrutar mellor da vida
faría que non houbese institutos, colexios, universidades...
se eu fose deus, non sei que faría
acabar coas guerras, coa fame, coa violencia no mundo
se eu fose deus
remataría cos enganos, coas infidelidades
e coas diferenzas discriminatorias entre homes e mulleres
se eu fose deus
remataría coa fame no mundo
crearía ríos nos desertos
faría chover nos lugares máis secos
e terminaría coas guerras
se eu fose deus, crearía outro planeta onde podermos vivir os humanos
repararía as inxustizas
daría diñeiro aos pobres
remataría coas ditaduras
faría libres a todos os homes
encarceraría a todos os asasinos e delincuentes
se eu fose deus, faría que a humanidade coidase máis a terra para que aínda teña salvación. faría que no mundo non haxa máis fame e máis guerra, que toda a xente en xeral vivise con paz e tranquilidade
se eu fose deus estaría máis cerca do pobo
remataría a fame no mundo
e sobre todo as guerras
construiría fogares para os sen teito
eliminaría a contaminación do mundo
concedería os desexos de todas as persoas
Se eu fose deus, acabaría coa fame no mundo. Faría que nunca repita ninguén. Remataría coa crise. Repartiría moito diñeiro entre a xente.
Se eu fose deus: axudaría aos pobres, disfrutaría da humanidade, coidaría máis a terra, dedicaría un día a coidar dos animais e da natureza, daríalle traballo e educación a todo o mundo, acabaría coa fame e as guerras.
Se eu fose deus, cambiaría o mundo por outro mellor:
Construiría máis vivendas para aquelas persoas que non teñen lugar onde refuxiarse cando están mal e vai mal tempo.
Daríalles traballo a aqueles que o necesitan para poder vivir.
Faría un mundo sen guerras, pacífico e tranquilo.
Faría todo o que puidese para que o ar que respiramos non estivese contaminado, que fose limpo e puro.
Limparía todas as augas dos ríos e dos mares para que a humanidade comese peixe limpo.
Se eu fose deus,
quitaríalles os cartos aos ricos
mercaría litros e litros de cervexa,
eliminaría os políticos
..............
..............
viviría nunha illa
Vilamarabilla
e non pasaría ninguén!!!
se eu fose deus, vería como a humanidade viaxa cara o futuro. Acabaría coa fame. Dixaría o cargo e deixaríallo a outro; viviría a miña vida e non as vidas dos demais que dependen de min.
Se eu fose deus, non sei o que faría, a lista sería interminable; empezaría por brindar benestar ás persoas que máis o necesitan e facer do mundo un lugar mellor. Sendo deus, só podería achar o beneficio propio axudando aos demais ou perxudicándoos segundo o punto de vista que adoptase. Non estaría interesado en ser millonario ou famoso, porque mellor que deus...
Se eu fose deus, tentaría rematar coa fame do mundo, faría que a xente comprendese e respectase as distintas opinións se discriminación por razón de sexo ou cor da pel.
Polo visto ninguen sabe moi ben que faría, suponño que é demasíado traballo para unha soa persoa.
Se eu fose deus, o primeiro que faría sería dicirlles ós homes que en realidade non existo, así aforraríamos moitas liortas e guerras, mais eu estaría alí protexendoos, non necesitaría que me adorasen nin rezasen pois sería o meu traballo.
Lúar
Se eu fose deus...
Faría que a conciencia exista en cada un dos homes e mulleres, e non coma unha voceciña interios, senón como un grito, alto, claro e exterior, para todos os demais soubesen cando están a facer malas accións.
Faría esquecer a todos os terroristas ou, sinxelamente, as persoas que so critican en non fan nada productivo, contra quen ou que estaban a loitar.
Uaniich
se eu fose deus...non sei que faría, supoño que o normal, que non haian máis guerras, que todos sexamos iguais e non discriminemos aos demais, que todo o mundo sexa tolerante e respecte as opinions, as decisions, etc, do resto da xente...procuraría que o mundo fose mellor para todos, evitar a falta de fame, de sede, de saude...de felicidade
procurar que o mundo fose un mundo idilico, o mundo perfecto
Chus
Se eu fose Deus collería entre as mans todo aquilo que fixen mal, envolveríao coma se fose un papel cheo de erros e tachóns e tiraríao á papeleira da miña conciencia, porque se eu fose Deus sería calquera Deus menos un Deus tan soberbio, fachendoso, rancoroso, desigual, caprichoso, machista, xenófobo, homófobo, cutre, chismoso, clasista, peseteiro, pedófilo, nazi e chantaxista coma o Deus da Igrexa Católica Apostólica Romana.
Se eu fose Deus, abrazaría amorosamente tódalas enfermidades que azotan o mundo, besaría cada boca desdentada e famélica, insuflaría a santidade coa que premio os déspotas trepadores de cargos eclesiásticos en cada peito necesitado dela, apretaríalle ben forte os collóns a todo aquel disposto a facer mofa da debilidade allea ou a blasfemar contra o único que realmente é sagrado: os dereitos humanos.
Se eu fose Deus borraría cun sopro de aire humanista a todas aquelas asociacións que se aproveiten dos demais para obter cartos (Opus Dei...(.
Se eu fose Deus, liberaría a humanidade das cadeas coas que limito a súa existencia, permtíndolles seren felices no modo que cadaquén elixa, para finalmente destruírme a mín mesmo e deixalos vivir, porque todos sabemos que os rapaces so son eles mesmos cando papá e mamá non están diante para premialos ou castigalos, porque todos sabemos que amar e compartir, e un Deus que dicta demasiado manca as mans dos copistas e seca os seus corazóns.
Longa morte a Deus!!!
se eu fose deus e a humanidade me pedise todos os días da semana
para vivir creativamente
conforme a súa ilimitada natureza
xúrovos por min
xúrovos por deus
que llos daría
só así, eu, deus
podería descansar tranquilo
todos os días
e así viviamos todos coma deus.
Se eu fose deus...
Tomaria unha cervexa co DIAÑO e seriamos amigos de novo.
Viviría máis na terra que no ceo para estar mais cos
meus fillos para que non se maten entre eles.
Non me gustaría que me adorasen senón que me tomen como un segundo padriño
máis, por iso disolveria a Relixion Catolica.
LEGNA
Publicar un comentario